Para poder coñecer as linguas indoeuropeas e a súa historia, primeiro debemos coñecer o contexto histórico do s. XIX.
En primer térmo, a corrente estética do romanticismo, priorizando os sentimentos ao uso da razón, e a ideoloxía do nacionalismo, caracterizándose polo sentimento de pertenza a unha nación (conxunto de persoas que comparten tradicións, lingua e historia). Estas dúas teñen un gran carácter revolucionario, cambiando completamente o pensamento popular.
Segundo, a revolución científica desta época. O obxectivo fundamental de todas as ciencias foi a búsqueda de leis científicas. Tratábase de explicar os fenómenos naturais ou sociais a través de nocións xerais que puideran aplicarse a todos os casos estudados.
Terceiro, o colonialismo, o proceso de conquistas dun país poderoso sobre outros máis débiles para explotalos económicamente.
Cuarto, e último, as longas viaxes relizadas, que permitían a investigacións de civilizacións remotas.
Neste contexto comeza o nacemento da lingüística comparada.
Esta disciplina consiste nunha investigación comparada das linguas co fin de coñecer máis sobre a súa historia. No marco desa investigación descubriron unha serie de coincidencias léxicas de linguas moi distantes entre sí (por exemplo, o sánscrito da India e o latín de Italia).
Con esta información formulouse unha hipótese sobre a posible orixe da maioría de linguas utilizadas en Europa e moitas de Asia (dende Turquía ata a India), que remitiría a unha lingua primitiva, o "indoeuropeo" ou "protoindoeuropeo" (PIE), unha lingua utilizada por un pobo do mesmo nome orixinario do centro de Europa e que emigrou ata zonas de Europa e partes de Asia.
Para ver un mapa conceptual da familia indoeuropea, facer click aquí.
Lord Byron foi un poeta británico. Cando foi declarado maior de idade percorreu España, Portugal, Grecia e Turquía.
En 1816 abandonou Reino Unido para non regresar xamáis e convertirse en un poeta errante por Europa.
Cada vez máis orientado cara á causa liberal, en 1823, logo da rebelión dos gregos contra os turcos, Lord Byron reclutou un rexemento para a causa da independencia grega, proporcionou importantes sumas económicas e reuniuse cos insurxentes en xullo 1823 en Missolonghi. Morreu de febre nesta mesma cidade pouco despois, aos trinta e seis anos de idade.
Le este poema seu!
Bécquer foi un poeta español. Comezou a súa carreira como escribinte na Dirección de Bens Nacionais, pero foi despedido, caeu na pobreza e traballou con periódicos de pouca categoría. No ano en que publicou as súas mellores obras convertiuse nun censor oficial de novelas moi ben pagado.
Morreu tras un forte enfriamento invernal que agravou a súa enfermidade, que puido ser tuberculose.
Aquí tes uns poemas de Bécquer!
Os países coloniais máis importantes do século XIX foron:
1. Gran Bretaña que tiña como colonias Canadá, India, Australia, gran parte de África (Sudán, Exipto, etc) e unha pequena parte de América do Sur.
2. Francia con África occidental, Indochina, Madagascar, Nueva Caledonia (Oceanía) e unha pequena parte de América do Sur.
3. España con Islas Canarias, Sáhara español e Filipina
4. Portugal con Angola e Mozambique
5. Italia con Libia e Somalia
6. Alemania con Camerún, Ianganika e África do Sureste
7. Tamén podemos destacar a Bélxica, co Congo e Holanda coas Indias Orientales Holandesas
Henry Morton Stanley foi un periodista e explorador británico, famoso pola súa expedición por África para buscar a Livingstone, que se encontraba desaparecido.
Nesta, tivo que viaxar con 192 persoas denominadas ‘porters’ (persoa que leva obxectos doutros) por África, comenzando por Zanzibar. Durante esta expedición foron atacados pola mosca tsetse e moitos deles desertaron ou morreron. Finalmente, o 10 de novembro de 1871 en Ujiji conseguiu encontralo onde dixo a famosa frase de: ‘’Doctor Livingstone, supoño?’’ (‘’Doctor Livingstone, I presume?’’ en inglés), aínda que non se pode asegurar ao 100% de que sexa real, pois non hai probas escritas nin foi mencionada de novo despois.
Stanley decidiu acompañar a Livingstone, que se encontraba antes da súa desaparición nunha investigación entre a relación que existía entre o lago Tanganica e o Nilo, descubrindo que non tiñan ningunha.
Cando regresou a Gran Bretaña, escribiu un libro contando a súas experiencias chamado ‘’How I Found Livingstone?’’.
A National Geographic Society en galego "Sociedade Xeográfica Nacional", é unha das organizacións internacionais máis grandes do mundo sobre educación e ciencia.
Inicialmente tiña o obxetivo de avanzar cara o coñecemento da xeografía e do mundo para o público en xeral. Foi fundada en Estados Unidos o 27 de xaneiro de 1888 por 33 homes interesados en "organizar unha sociedade para o incremento e la difusión do coñecemento xeográfico".