Abre ao público o centro de interpretación da vila romana do Faro de Torrox (Málaga)

Post date: 16-may-2015 8:53:39

O centro de interpretación dos restos da vila romana do Faro de Torrox (Málaga), un xacemento arqueolóxico declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e cuxa orixe remóntase ao século I, abriu hoxe ao público. 

O edil explicou nun comunicado que o centro de interpretación sitúase na antiga casa do fareiro,  e supón a primeira infraestrutura para coñecer a pegada da civilización romana na Costa do Sol oriental, á vez que un gran recurso turístico.

O conxunto arqueolóxico, coñecido como Clavicum ou Caviclum, está datado nos séculos I ao IV e está formado por unha vila, unha factoría de salgadura, uns fornos de produción de alfarería, unha necrópole e unhas termas, aos que hai que sumar os restos dun templo que foron descubertos por un veciño en abril de 2011.

A vila situábase no camiño entre Cazlona e Málaga, e grazas a un audiovisual, gráficos e fotografías antigas, recréase no centro como era a vida dos antigos habitantes romanos de Torrox do século I.

Os visitantes tamén poderán observar unha maqueta a escala das piletas utilizadas na elaboración do garum, unha salsa de peixe moi demandada en Roma, outra maqueta dos fornos cerámicos achados a escasos metros da vila e que se usaron para cocer as ánforas de transporte e unha terceira maqueta dun barco mercante romano.

Así mesmo, o centro de interpretación conta cunha réplica a tamaño real dun dos enterramentos romanos atopados na zona e reproducións dalgunhas pezas arqueológicas achadas nas excavaciones que se realizaron neste xacemento.

                                Fonte | La Vanguardia 

                                Imaxe | Villaebaeticae.es