Os romanos de Rianxo

Post date: 28-oct-2014 12:33:15

Hai catro anos descubríronse de maneira casual en Rianxo os restos humanos máis antigos que se conservan na comarca. Estes restos demostran que na época romana xa había un asentamento na vila. Trátase de tres individuos (atopáronse catro tumbas, pero unha delas non tiña ósos) que viviron entre o III e o V d.C.

Os restos que non se desintegraron co paso do tempo trasladáronse a Santiago no 2010 para ser estudados por unha antropóloga da universidade, pero o estudo non puido aclarar moitos datos debido á deterioración dos ósos. Sí se sabe que o ocupante dunha das tumbas era un individuo de entre 9 e 13 anos de idade. Ademais, na súa sepultura localizáronse restos como a vértebra dunha anguía, que posiblemente formaba parte do ritual de enterramento.

Por fin, e dende o seu descubrimento,  os tres corpos atópanse xuntos de novo na comarca.

Fonte: La Voz de Galicia