Post date: 11-dic-2016 12:50:46
O templo de Augusto é o segundo maior da antiga Roma dedicado a este emperador. Os seus restos, concretamente unha das seis exedras romanas do templo, foron achados baixo a catedral de Tarragona o ano pasado e datan do século I d.C. Localizáronse no claustro durante unhas obras do Museo Diocesano e a súa apertura ao público permitirá comprender mellor a historia de Tarragona dende o século I ata o XX.
A exedra foi esnaquizada na ocupación visigoda e recuperada na Idade Media (entre os séculos XII e XIII). Agora, unha pasarela permite pasear por enriba dos restos.
Foron moitas as entidades que interviñeron e colaboraron neste proxecto, dende o Museo Bíblico Tarraconense ata a Fundación Privada Mutua Catalana.
Fonte e imaxe (os restos do templo de Augusto) | EFE