Monarquía etrusca

Tarquinio o Antigo (616-578 a.C.)

Lucius Tarquinius Priscus, tamén coñecido como Tarquinio o Vello ou Tarquinio I, foi o quinto rei de Roma segundo a tradición.

Era de orixe etrusca e de ascendencia corintia. Tras emigrar a Roma desde Tarquinia, obtivo o favor de Anco Marcio, o rei daquela, quen o adoptou como o seu fillo. 

Logrou conseguir o trono convencendo a Anco Marcio de que él era a mellor elección, xa que os seus fillos aínda non eran maiores de idade.

Ó ascender ó trono, librou varias guerras contra os sabinos e os etruscos, dobrando o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade. Para as súas loitas necesitou moitas armas, sendo o gran impulsor da industria de Roma.

Unha das cousas polas que sería recordado foi a celebración do seu triunfo contra os sabinos, a primeira celebración de triunfo na historia de Roma, levando unha túnica púrpura e dourada, e sendo levado nun carro tirado por catro cabalos (este costume era típico dos etruscos).

* Imaxe da Wikipedia. Retrato de Tarquinio o Antigo.

Reformas

Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ó Senado procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. 

Tamén ampliou o exército e utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construir grandes monumentos en Roma

Ademais, creou os Ludi Romani (espectáculos públicos).

Construcións

Entre as obras que mandou facer destaca o gran sistema de alcantarillado da cidade, a Cloaca Máxima, cuxo fin foi drenar as augas dun pequeno afluente do Tíber que adoitaba estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. 

No lugar das antigas marismas, Tarquinio o Antigo comezou a construción do Foro Romano.

O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o Circo Máximo, un gran estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o maior de todos os erixidos no mundo.

Logo construiu un templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ó deus Xúpiter, pero foi asasinado antes de telo acabado.

Introdución da civilización etrusca e outras adicións

Tarquinio o Antigo introduciu varios elementos da civilización etrusca en Roma, tales como os ritos sagrados, as insignias de poder ou a celebración do triunfo. Tamén introduciu os símbolos militares romanos e os cargos civiles.

Morte

Cando Tarquinio tiña trinta e oito anos, foi asasinado polos fillos de Anco Marcio, que crían que o trono debería ser seu. Conseguiron enmascarar o asasinato como un disturbio, durante o cal o rei recibiu un golpe mortal na cabeza. 

Sen embargo, a raíña, Tanaquil, difundiu a noticia de que o rei só estaba ferido, e aproveitouse da confusión para establecer a Servio Tulio, xenro de Tarquinio o Antigo e protexido de Tanaquil, como rexente. 

Os fillos de Anco Marcio foron desterrados e cando a morte do rei foi anunciada, Servio Tulio sucedeuno como rei.

* Imaxe da Wikipedia. Cloaca Máxima
Reconstrución do circo Máximo
Reconstrución da ceremonia do triunfo

Servio Tulio (578 - 534 a.C.)

Servio Tulio foi o sexto rei de Roma, sucesor de Tarquinio o Antigo.

 Orixe

Era fillo de Ocrisia, unha escrava capturada polos romanos tras a toma da cidade latina de Cornículo, e criado no pazo real, onde gañou os favores de Tarquinio Prsco

Sucedeuno tras a súa morte grazas a Tanaquil, a raíña, da cal era protexido, cando esta o nomeou sucesor.

Os muros servianos

A Servio Tulio atribuíaselle tradicionalmente a creación das así chamadas murallas servianas, as antigas fortificacións da cidade do período da República que, cunha lonxitude de 11 quilómetros, abarcaban 427 hectáreas e os sete outeiros.

* Imaxe da Wikipedia. Muros servianos.

O pomerium

Hai coincidencia entre varias fontes que atribúen a Servio Tulio o pomerium ou trazado sagrado do límite da cidade. O pomerium serviano estaba marcado con montículos de terra (cippi) que delimitaban a cidade en catro rexións: Suburana, Esquilana, Colina e Palatina. Este trazado mantívose intacto ata os tempos de Sila (século I a.C.)

As tribos

As tres tribos arcaicas dos Ramnes, Ticies e Luceres (tradicionalmente relacionadas cos latinos, sabinos e etruscos, respectivamente) foron substituidas polas catro correspondentes ás novas rexións urbanas: Suburana, Esquilana, Colina e Palatina.

 A organización centuriada

Servio Tulio dividiu a poboación en cinco clases atendendo á súa riqueza. Así, según a capacidade económica de cada cidadán, entendida como tal a da súa familia, regramentábase o armamento que debía costearse. As primeiras clases, as dos cidadáns máis ricos, formaban a cabalería e a infantería pesada. As seguintes a infantería lixeira e demais seccións militares.

Cada unha das clases estaba á súa vez subdividida en centurias, compostas de cen homes, e ademais existía igual número de centurias de iuniores (homes de entre 17 e 45 anos) e de seniores (homes de entre 45 e 60 anos, destinados á reserva ou á defensa da cidade).

 O censo

Unha vez fixada a organización, os cidadáns (os homes varóns adultos) debían ser encadrados dentro da súa tribo, a súa centuria e a súa clase. Esta era a finalidade do censo, que se repetía en intervalos regulares (uns 5 anos). A Servio Tulio atribúenselle, aparte da súa creación, catro censos.

Unha das finalidades do censo era clasificar ós cidadáns en función da súa riqueza establecendo como mínimo unha distinción básica entre aqueles aptos para o servicio militar, os adsidui, e aqueles carentes de posesións que non eran chamados ás armas excepto en casos de gran emerxencia, os proletarii (de proles, en latín "descendencia", eran aqueles que tiñan aos seus fillos como única riqueza)

Morte

Servio Tulio foi derrocado e asasinado polo seu propio xenro, Lucio Tarquinio, fillo do seu predecesor Tarquinio o Antigo.

Tarquinio presentouse no foro acompañado de homes armados e convocou ós senadores para denunciar a Servio Tulio como un rei ilexítimo. 

Avisado Servio Tulio, acudiu a defenderse e na confusión resultante entre os respectivos partidarios foi o propio Tarquinio o que tirou ó rei escaleiras abaixo cara o foro deixándoo medio morto. 

Tulio foi executado polos seus perseguidores, e despois, a súa propia filla Tulia, muller de Tarquinio, pasoulle por enriba ó cadáver co carro no que iba.

* Imaxe da Wikipedia. Cadro de Jean Bardin, 1765.
Tulia cabalga sobre o cadáver so deu pai.
Tulia era a malvada filla de Servio Tulius. Conspirou para asesinar ao seu pai, e cando o seu corpo moribundo foi tirado na rúa, pasou o seu carro por riba del. Os cascos dos seus cabalos golpearon o cadáver do seu pai, e as rodas do carro estaban vermellas do sangue. A rúa foi maldicida e chamada '"A rúa Maldita"

Tarquinio o Soberbio (534-509 a.C.)

Tarquinio o Soberbio foi o séptimo e último rei de Roma.

Foi fillo de Tarquinio o Antigo, quinto rei de Roma, e Tanaquil, a súa raíña. Debía gobernar en lugar do rei anterior, Servio Tulio, pero debido a que o intento de asasinato do seu pai fallou en última instancia debido a súa nai, que puxo no trono a Tulio, foi expulsado de Roma. No ano 534 a.C., conseguiu matar a Servio Tulio e facerse co poder.

Reinado

Se ben Tarquinio o Soberbio foi recordado como un rei extremadamente cruel, que usou a violencia, o asasinato e o terror para manter o control de Roma como ningún rei anterior os utilizara (chegando a derogar moitas reformas constitucionais que fixeran os seus predecesores), tamén foi o rei dun período de expansión, no cal Roma consolidou a súa hexemonía sobre o Lacio.

Conquistou Pomecia e Túsculo (onde casou á súa filla co dirixente local Octavio Mamilio) e tomou o control de Gabios, cidade coa que firmou un tratado. Tamén estableceu colonias en Signia e Circeios, e no momento da súa morte estaba a sitiar Ardea.

* Imaxe da Wikipedia. Retrato de Tarquinio o Soberbio.

Medidas e despotismo

Tarquinio aboliu e destruiu todos os santuarios e altares sabinos da Roca Tarpeia, enfurecendo así ó pobo romano. O punto crucial do seu tiránico reinado foi cando permitiu que sucedera a violación de Lucrecia, unha patricia romana, por parte do seu propio fillo Sexto

O templo de Xúpiter

O templo de Xúpiter Capitolino, comezado nos tempos do seu pai e quinto rei de Roma, Tarquinio o Antigo, foi rematado por Tarquinio o Soberbio, séptimo rei de Roma. Foi financiado cos fondos que Tarquinio conseguiu ó conquistar Pomecia.

 Derrocamento e morte

Tarquinio o Soberbio foi destronado no ano 509 a.C. mediante un golpe desencadeado cando o fillo de Tarquinio, Sexto Tarquinio, violou a Lucrecia, unha xoven patricia que se suicidou a raíz de eso. Esta ultraxe e o posterior suicidio de Lucrecia influíron na caída da monarquía e o establecimiento da República. 

Entre os líderes da revolta estaba o sobriño do rei Lucio Xunio Bruto, o home de Lucrecia, Lucio Tarquinio Colatino, e o pai da xoven Espurio Lucrecio, xunto ó seu poderoso amigo Publio Valerio Publícola.

Tarquinio, que estaba combatindo en Ardea, volveu rápidamente a Roma, pero na súa ausencia perdeu o apoio do exército e tivo que exiliarse a Etruria. Alí convenceu ás cidades de Caere, Veies e Tarquinia de que atacaran Roma, pero resultaron derrotadas na batalla da selva Arsia. Tarquinio recorreu entonces ó rei de Clusium, Lars Porsena, que atacou Roma no 508 a.C., aínda que finalmente veuse obrigado a retirarse. Por último dirixiuse a Túsculo, gobernada polo seu xenro Octavio Mamilio, que movilizou á Liga latina en contra de Roma, rebelión que acabou sendo sofocada logo da batalla do lago Rexilo

Derrotado, Tarquinio conseguiu o asilo do tirano Aristodemo de Cumas. Morreu nesta cidade do sur de Italia no 495 a.C.

Derrocado o rei, Bruto e Tarquinio Colatino foron os primeiros en ser nomeados cónsules, inaugurando así a República Romana, e decidiuse castigar coa morte a calquera que quixera reinstaurar a monarquía.

Ademais, castigouse co desterro a toda a familia dos Tarquinios, o que lle costou o posto ó propio Colatino, que foi substituido por Publio Valerio Publícola.

Organización social

Roma convertese nunha zona de atracción de correntes migratorias grazas á súa situación estratéxica como lugar de paso. Os novos habitantes non formaban parte do populus romanus e carecen de dereitos. 

O desenvolvemento comercial tamén provoca diferenzas no reparto da riqueza. O igualitarismo social da paso a unha desigualdade social:

Os patricios

Son os posuidores da maior parte da terra, ricos e privilexiados, os descendentes dos fundadores da cidade, son a clase dominante. Para evidenciar a súa linaxe teñen dereito a adoptar un segundo nome (nomen gentilicium, o nome da súa gens

Exemplo: Marcus Porcius (da gens Porcia)

Os estranxeiros

Procedentes dos pobos vecinos, queren medrar económicamente. Temos dous tipos:

O territorio pasa a ser dividido en tribus. Cada habitante é rexistrado segundo o seu domicilio.

Os que posuían unha propiedade estaban obrigados ao pago dun tributo e á defensa da cidade.

Organización militar

Necesitaban un exercitus, formado por homes obrigados ó servicio militar dende os dezasete ata os sesenta anos, dividido entre iuniores e seniores

O posto nas lexións estaba vinculado ao census (censo), que dividía a pobación segundo a súa riqueza (medida polas terras que posuían). 

A Poboación estaba dividida en 5 clases compostas dun número variable de centurias e os cidadáns máis ricos pertencian a cabalería e a infantería pesada (primeiras clases)

Organización política

Os comicios por curias (comitia curiata) quedan relegados ó ámbito relixioso e xurídico. Son substituidos polos comitia Centuriata, nos que participaba todo o pobo romano.

O voto realizase por centuria. Como os cidadáns mais ricos consituían un maior número de centurias a capacidade de decisión política da plebe era nula, xa que eran superados en voto polas primeiras clases.

Revisión da lenda

Segundo a revisión da lenda, Tarquinio o Soberbio foi en realidade un defensor das clases populares, artesáns e comerciantes ricos, e foi expulsado polos patricios, temerosos de perder os seus privilexios. (para saber máis desta interpretación consultade esta web)

Lendas de Roma

 Lucrecia

Lucrecia (en latín Lucretia) é un personaxe pertencente á historia da antigua Roma, coetánea do último rey romano Lucio Tarquinio o Soberbio (534-510 a.C.). Filla do ilustre Romano Espurio Lucrecio Tricipitino, casou con Colatino. Foi víctima dunha violación por parte do fillo de Lucio Tarquinio o Soberbio, Sexto

O honor non é só cousa de homes. Tamén as mulleres romanas souberon dar a vida por algo que é máis importante que a vida. Se os varóns cometeron xestas memorables para salvar á patria no campo de batalla, as mulleres fixérono dentro das súas casas, nas súas alcobas, sobre os seus propios leitos. Parece que o honor masculino e o feminino, aínda que da mesma especie, non son o mesmo.

Aquí ten que ver co ben e a seguridade da cidade, da patria, da sociedade; este, en cambio, fai referencia á intimidade, aos recodos do corazón. Os dous exemplifican o mesmo sentimento pero en direccións opostas: un cara a fóra e o outro cara a dentro. Que sacrificio vale máis: o que gaña batallas e conquista territorios, ou o que asegura o cotián e revitaliza ese temple que nos fai humanos?

* Imaxe da Wikipedia. Cadro de Tiziano, 1571. Tarquinio e Lucrecia.

A Tulio Hostilio sucedeulle Anco Marcio, o último rei latino-sabino. Os tres reis seguintes foron de orixe etrusco: Tarquino Prisco, Servio Tulio e Tarquino o Soberbio. A dinastía etrusca trouxo novos aires a Roma, impulsou o comercio e a industria e introduciu o gusto pola comodidade e o luxo. Durante os seus reinados construír a muralla da cidade, a Cloaca Máxima, o Circo Máximo e o porto de Ostia; tamén se implantou o censo, que dividiu á poboación en catro clases segundo os medios económicos, o que incomodou aos patricios que vían que homes de orixe plebeo podían achegarse ao seu estatus político.

Pero a monarquía non ía ser o sistema de goberno apropiado para Roma. No seu final definitivo tivo moito que ver unha muller: Lucrecia, unha dama da aristocracia, filla de Espurio Lucrecio Tricipitino, prefecto da cidade, e esposa de Lucio Tarquino Colatino.

Pasaran 244 anos ab urbe condita, dende a fundación de Roma, é dicir, era o ano 509 a.C., cando os romanos se atopaban situando a rica cidade de Ardea. En tales campañas, os momentos de lecer no campamento eran moitos, sobre todo para os oficiais. Nunha desas aburridas veladas, discutían Sexto Tarquino, o fillo do rei Soberbio, e o seu primo Tarquino Colatino, sobre que estarían facendo as súas esposas mentres eles se gorecían nunha incómoda tenda.

"Seguro que as nosas mulleres estanse dando banquetes e gozando da noite cos seus amigos, rindo e bailando" dicía o fillo do rei. "Iso non faría a miña Lucrecia: seguro que se pasa as noites encerrada na súa cámara bordando sen outra compaña que as súas fieis escravas" respondeu o Colatino. 

Esta seguridade na decencia da súa muller molestou tanto a Sexto que apostou o seu mellor cabalo co seu curmán a que Lucrecia non era tan virtuosa como se cría. Aceptada a aposta, os que se atopaban na tenda achegáronse a Roma e comprobaron como efectivamente a muller do príncipe pasábao estupendamente rodeada dos seus parentes e amigos. Acto seguido foron a casa de Colatino e, sen ser vistos, puideron ver a Lucrecia xunto ás súas escravas bordar ao lume dun candil mentres suspiraba pola ausencia do seu marido.

Colatino gañou a aposta, o que enfureceu aínda máis a Sexto Tarquino. Envexoso pola sorte do seu primo (e amolado por Ia desvergoña da súa esposa) planeou seducir a Lucrecia e beneficiarse como fose. Así que unha noite desapareceu do campamento sen ser notado e chegou ata a casa de Colatino. Lucrecia recibiuno como merece un príncipe, coa máxima corrección e todo o agarimo que permite a auténtica hospitalidad. Estiveron falando ata ben entrada a noite e cando Lucrecia se dispuxo a ofrecer ao seu hóspede a habitación de invitados, Sexto agarrouna fortemente e bicouna. Lucrecia rexeitou aquel bico e quixo alertar aos escravos, con todo, atopouse cun puñal amenazante na súa garganta. Sexto empuxouna ata a súa alcoba e alí violouna.

* Imaxe da Wikipedia. Cadro de Rubens. Tarquinio e Lucrecia.
* Imaxe da Wikipedia. Cadro de Andrea Casali, 1750. Lucrecia

Volveu ao campamento antes do amencer: ninguén notara a súa falta.

Á mañá seguinte, Lucrecia mandou unha nota ao seu marido e ao seu pai na que lles decía que pasara algo moi grave e que acudisen de inmediato. Ao mediodía, chegaron Lucrecio, Colatino e o seu amigo Lucio Xuño Bruto, sobrino do rei. Lucrecia contoulles o que pasara e engadiu: "Para demostrar que o que digo é verdade e non sobrevivir á miña deshonra" entón, sacou unha daga que escondía entre no seu ropaxe  e, sen dar tempo a reaccionar aos circundantes, cravouna no corazón.

Lucrecia morreu en brazos do seu esposo. Cando o seu corazón se paralizou, o dos que foron testemuñas acendeuse e proclamaron vingala por toda Roma. 

Xuño Bruto encabezou a revolta e marchou contra o rei e o seu fillo. Tarquino o Soberbio viuse obrigado a fuxir primeiro a Tusculum e despois a Cumas, onde o rei etrusco deulle asilo.

Foi a fin de dous séculos e medio de monarquía e o principio dunha nova etapa: a República. A partir de agora os anos xa non só se contarían ab urbe condita ("dende a fundación da cidade"), senón tamén post reges exactos, ("logo da expulsión dos reis").

 Horacio Cocles 

Horacio Cocles (en latín Horatius Cocles) foi un heroe mítico romano do século VI a.C. (cocles significa "cun só ollo", xa que perdera un nunha batalla anterior)

Era oficial do exército da antiga República romana, que se fixo coñecido defendendo a ponte de Sublicio do exército invasor de Lars Porsenna, rei de Clusium. Segundo a lenda, defendeu en solitario a ponte que conducía á cidade de Roma contra os etruscos liderados por Porsenna

Segundo a lenda, no ano 508 a.C., Horacio Cocles conseguiu deter o avance do exército etrusco de Lars Porsenna mentres os seus compatriotas demolían a ponte Sublicia para impedir que os inimigos cruzaran o río Tiber ata Roma. Porsenna entraría en Roma e esmagaría a República se os romanos non houbesen destruído a tempo a ponte de madeira que atravesaba o río. 

Inicialmente combateron o seu lado Espurio Larcio e Tito Herminio, pero cando a ponte estaba practicamente destruída, ordenou a estes poñerse a salvo na cidade mentres el seguía combatendo só na outra costa do río en solitario. Ó final da demolición, arroxouse o Tíber con toda a súa armadura e afogou, segundo Polibio. Segundo Tito Livio, conseguiu atravesar o río a nado e regresou a seguridade dos muros da cidade á que lle evitara, coa súa heroica xesta, un infausto destino.

O pobo de Roma demostroulle a súa gratitude dedicándolle una estatua de bronce e outorgándolle terras públicas, xa que estaba imposibilitado para permanecer no exército ou desempeñar cargos públicos.

* Imaxe da Wikipedia. Cadro de Hendrik Goltzius, 1586. Horacio Cocles.

Mucio Escévola

Caio Mucio Escévola foi un heroe na guerra dos romanos contra o rei etrusco Lars Porsena

Caio Mucio, temendo una derrota debido ó continuo asedio dos etruscos, decidiu infiltrarse no campamento inimigo e asasinar ó seu rei. Co consentimento do Senado, cruzou o Tíber, e vestido como os etruscos, conseguiu chegar á tenda de campaña de Porsena. Sen embargo, xa que tiña presa por medo a ser descuberto polo inimigo, confundiu ó rei con unha persona que levaba roupa parecida e matouno.

Foi rodeado enseguida pola garda real, os cales amenazábano con antorchas e con sometelo ó lume se non dicía quen era, por onde chegara e cantos había con él. 

Caio Mucio, para castigarse a sí mesmo polo seu fallo e para demostrar que non ía ceder, meteu a man dereita nun braseiro que tiña ó lado, e mentres se lle queimaba a man, dixo: "Pouca cousa é o corpo, para quen só aspira á gloria."

Porsena, impresionado, decidiu perdoarlle a vida. Mucio mostrouse agradecido e confesoulle ó rei que moitos xoves prestaran xuramento de acabar co rei ou morrer no intento, e que moitos estaban a rodear o campamento nese mesmo momento. Porsena, temendo que todos foran tan valentes coma él, decidiu retirar as súas tropas e poñer fin á guerra.

Outorgouselle o cognomen de Scevola porque a partir de entón a man dereita quedoulle inútil, e Scevola en latín significaba "zurdo".

* Imaxe da Wikipedia. Fresco de Giovanni Francesco Romanelli, 1655-58. Mucio Escévola ante Porsena.

 Clelia

Entre os reféns entregados a Porsena como condición para asinar a paz, atopábase unha xoven chamada Clelia. Ela reuniu a todas as mulleres reféns e convenceunas para botarse ao río e escapar nadando. Así o fixeron e malia unha choiva de flechas que lanzaron sobre elas os arqueiros etruscos, puideron chegar a Roma. Porsena enfadouse moitísimo ao verse ultraxado e solicitou ao Senado romano que lle entregase a Clelia. Finalmente a moza foi conducida ante o rei, este quedou admirado polo seu valor e perdooulle a vida, é máis, deulle a elixir á metade dos reféns para que volvesen á súa patria. Ela elixiu aos máis novos porque, segundo dixo, son o futuro de Roma e os que a defenderían de ulteriores invasores. O pobo romano erixiu no seu honor unha escultura que representaba unha amazona montada no seu corcel.

Así acabou a guerra contra os etruscos, pero non a paz para os romanos. A debilidade de Roma foi aproveitada polos latinos para atacar. Os dous exécitos atopáronse no lago Regilo (496 a.C.) pero, grazas á axuda divina de Cástor e Pólux, a vitoria decantouse polo lado romano. A partir de entón os xemelgos, fillos de Xúpiter e Leda, serían tidos por heroes de Roma.

 Poñer a man no lume

Existen moitas fórmulas de xuramento que utilizan as mans: como poñer a man na espada, sobre a Biblia, no peito ou no lume. Esta úiltima inventouna un mozo romano que foi capaz de manter voluntariamente a man no lume para demostrar ao rei inimigo que xamais se rendería. Quen se rendeu ante a evidencia foi o monarca. Nós, espero, non chegamos tan lonxe: daquel soldado soamente herdamos un dito que utilizamos a miúdo en condicional simple: "... poñería a man no lume..." pero que nunca chegamos a cumprir. Ao contrario, si dalgún sitio a retiramos instintivamente é das chamas. Do dito ao feito hai un bo treito, pero o dito sostense grazas a que alguén unha vez, fai moito tempo, meteu a man onde todos dicimos estar dispostos a poñela porque sabemos que nunca o faremos de verdade.