Post date: 10-may-2017 18:24:02
A estación que se presentou á prensa pero que non abrirá ata outubro forma parte da coñecida línea arqueolóxica de metro, que atravesará o centro de Roma.Os traballos de escavación na parada de San Giovanni comezaron no 2010 e o resultado é unha estación que alberga una especie de museo. O superintendente de bens arqueolóxicos de Roma Francesco Prosperetti, describiu a instalación como una máquina do tempo que traslada ao pasado, a os usuarios do servicio público de transportes.
A parte máis interesante e a que conta con maior número de vestigios arqueolóxicos que corresponde ao período entre a idade republicana e a imperial de Roma, onde se encontraron os restos dunha granxa agrícola que son testemuña dunha serie de actividades de gran riqueza e de sistemas moi evolucionados de cultivo. Por exemplo pódense observar os ósos dos primeiros melocotóns que chegaron nesa época a occidente. Tamén se expoñen moedas acuñadas no século I a.C., una forca agrícola... As escavacións revelan a progresiva desertización da zona de San Giovanni que co tempo deixou de usarse con fins agrícolas de luxo.
O obxectivo final dos usuarios serán as vías do tren metropolitano, a nivel da idade prehistórica e que marcan final dunha viaxe no tempo, con paneis, imaxes, vídeos...
Fonte e imaxeI La túnica de Neso