Os pobos mediterráneos (pre-indoeuropeos) que habitaban Italia posuían uns rasgos básicos.
En primeiro lugar eran sociedades matriarcais, un tipo de sociedade na que as mulleres, especialmente as nais, teñen un rol central de líder político, autoridade moral, control da propiedade e da custodia dos seus fillos (opostas polo tanto ás sociedades patriarcais)
Eran agricultores, cunha gandeiría a pequena escala, e coñecían o arado e o boi como animal de tiro.
Os poboadores adoraban a Deusa Nai da Terra, deusa que serve como deidade de fertilidade xeral.
Nalgunhas culturas, ademais, é representada como a Nai Terra, sendo a xenerosa personificación da Terra. Normalmente represéntase como muller, cos rasgos xenitais moi avultados (ver imaxe dereita)
En Italia había unha gran mestura de pobos e tribus que aportaban á terra a súa linguaxe e cultura. Este territorio era cobizado por moitos pobos inmigrantes, os cales tiñan a meta de poder chegar a esta terra.
Unha das virtudes que tiña Italia, e que facía que máis pobos e tribus se achegaran a esta terra, era que era moi accesible por mar, dada a súa gran franxa costeira e ás illas de Cerdeña, Córcega e Sicilia.
E ademais posuía terras fértiles e un clima moi favorable.
Coa chegada de todos estes pobos e tribus xurdiu unha mestura de culturas, linguas e pensamento.
Os primitivos pobos mediterráneos que habitaban o territorio italiano eran os:
Ligures, pobo que habitaba no sudeste francés e o noroeste italiano. Aínda non está claro si se trata dun pobo preindoeuropeo ou indoeuropeo.
Pelasgos, nome usado por algúns escritores da antiga Grecia para aludir ós pobos predecesores dos helenos como habitantes de Grecia.
Etruscos, un pobo da antigüedade o cal o seu núcleo xeográfico foi a Toscana (Italia)
O proceso de chegada de diferentes pobos indoeuropeos a Italia produciuse entre nos anos 1.200- 1.100 a. C.
Diversos pobos e tribus achegáronse ao mesmo territorio e iso fixo que se foran mesturando en canto cultura e que cada pobo quedara con algún rasgo dos outros.
Entre todos estos pobos que chegaron a península itálica, hai catro que destacaron maioritariamente entre todos os demais:
Os Ilirios que procedían da península dos Balcanes, dividíanse en numerosas tribus por toda Europa e levaban consigo al linguas ilirias (tamén falada por outro pobo nunha rexión de Italia), as paleobálticas
Os Latinos
Os oscos
Os umbros, que levaron ata Italia as súas linguas sabélicas.
O dialecto umbro estaba escrito con alfabeto que viña dunha derivación do greco-occidental, e no osco adoptaron o alfabeto etrusco.
Os últimos pobos que se asentaron en Italia foron os celtas e os gregos.
Coñécense como celtas a algunhas tribus ou grupos indoeuropeos que estiveron ubicados en certas rexións de Europa e que compartían tanto linguas célticas derivadas dun tronco común como tamén tradicións, costumes, creencias e estilos de vida. Ocuparon o norte de Italia.
Os gregos denominábanse a sí mesmos como "helenos",e que eran orixinarios da Hélade (Grecia). Ocuparon o sur de Italia e a illa de Sicilia.
No norte pódense ver ós galos e ao sur os gregos.
Con todas estas influencias, o mapa de Italia quedábase como un mosaico coa gran variedade de pobos e tribus que a formaban, e grazas a todas estas influencias doutros pobos, a día de hoxe, Italia está formada por moitos dialectos e por rexións moi diferentes.