Mosaicos para contrarrestar o mal de ollo

Post date: Jan 26, 2015 9:15:26 PM

Os mosaicos romanos tiñan unha finalidade estética, pero tamén un efecto apotropaico, é decir, funcionaban como un mecanismo de defensa para espantar aos malos espíritos.

Cando a mala sorte ocurre de forma ocasional pódese achacar á misteriosa casualidade que opera na natureza. Pero cando as desgracias se producen de forma reiterada, chegando ata o extremo da morte, búscase a causa de tanto infortunio. Os antigos romanos crían que unha persoa consumida pola envexa ou os celos tiña a capacidade de lanzar un mal de ollo ao envexoso e causarlle todo tipo de males. Non era unha habilidade propia de magos ou bruxas, senón un poder sobrenatural danino que se transmitía ca simple mirada, a veces incluso de forma involuntaria. O fenómeno do mal de ollo estivo relacionado durante séculos ca envexa, entendida como un sentimento nocivo. Estas crenzas de quenes os encargaron. Se documentaron representacións, nalgúns casos acompañadas de inscripcións, que tiñan a finalidade de contrarrestar o temido mal de ollo para preservar o espazo doméstico e aos habitantes da residencia, explica Luz Neira, profesora de Historia Antiga na Universidade Carlos III de Madrid, a Historia National Geographic. Neira cordinou un equipo de doce investigadores que analizaron os rituais e as prácticas máxicas que aparecen representados nos mosaicos romanos. Un libro recentemente publicado recolle as súas conclusións: Relixiosidade, rituais e prácticas máxicas nos mosaicos romanos.

Imaxe e información: National Geographic