Foi o nome que se lle deu ao trazado primitivo da cidade, no que se encontraban un conxunto de pobos latinos, etruscos e sabinos, que vivían nas orillas do río Tíber e que formaron o que máis tarde se lle chamaría Roma.
A ciudade foi fundada por Rómulo e Remo, matando o primero o segundo convertíndose así no único soberano.
Rómulo foi o primero rei de Roma e reinou dende o 753 ata o 715 a.C.
Creou o Senatus, composto por 100 persoas coñecidas como patres (cuxos descendentes foron patricios), e dividiu o pobo en tres tribos (Ramnes, Titienses e Luceres) e trinta curias.
Despois de que Rómulo fora abducido no medio dunha tormenta provocada polo seu pai, o deus Marte, fíxose un ano de interregnum (interrupción na sucesión normal dos monarcas) e foi seu cuñado Numa Pompilio quen o sucedeu como rei de Roma.
Hai un episodio da historia de Roma que nos fai pensar que o home primitivo non entendía o matrimonio como o entendemos nós. Refírome ao rapto das Sabinas, planeado polo mesmo Rómulo para poboar a recentemente nada cidade. Lonxe de contemplalo como a unión libre de dúas persoas que se queren, os antigos consideraban o matrimonio como o rapto dunha muller por parte dun home. El usa a súa maior forza para posuír á muller, que será o seu axudante e a nai dos seus fillos. Ela resígnase e acepta un estado que, como mínimo, procúralle seguridade.
O rapto das Sabinas, acaba en guerra, como era de esperar, e a guerra soamente acaba cando as propias raptadas se interpoñen entre as dúas frontes e aceptan os seus matrimonios. Máis adiante o rapto foi substituído polo matrimonio de conveniencia. Como tantas veces, a muller non conta.
Roma foi fundada por un grupo de guerreiros. Rómulo, Remo e os seus homes, viñan de loitar contra Amulio e de restituír no trono a Numítor. Non había, xa que logo, mulleres. En tal situación a cidade tiña os días, ou mellor, os anos, contados. Nada para ser eterna segundo os auspicios, a natureza faríaa perecer en pouco tempo. Había que facer algo e pronto. Rómulo enviou emisarios a todas as cidades veciñas, pero ningunha quixo entablar lazos de sangue co seu pobo. Así que tivo que recorrer, en palabras de Cicerón, a un plan estraño e algo salvaxe, pero propio dun gran home que prevía ben o futuro.
O plan consistía en invitar aos sabinos, os veciños do norte, ás festas consulares en honor a Neptuno e a participar nas carreiras de cabalos. Os sabinos viñeron coas súas familias, as súas mulleres e as súas fillas para competir nos xogos e gozar da festa. Pero mentres os homes estaban pendentes da competición, os romanos aproveitaron para raptar ás súas fillas e levarllas ás súas casas. Cando se deron conta do que pasara, os sabinos esixiron aos raptores que llas devolvesen, pero estes negáronse porque as tomaran como esposas. Impotentes, os sabinos volvéronse á súa cidade e clamaron xustiza e vinganza ante o seu rei.
Tito Tacio, rei dos sabinos, declarou a guerra a Roma. Logrou entrar por sorpresa na cidadela romana grazas a Tarpeia. Esta moza era filla de Espurio Tarpeio, a quen Rómulo confiara a custodia do Capitolio. Estando Tito Tacio acampado co seu exército ao pé do monte, Tarpeia namorouse del e prometeulle entregarlle a cidadela se accedía a casar con ela. Tito Tacio aceptou. Tarpeia abriulle a porta e o rei, en vez de cumprir a súa promesa, mandou esmagar a moza baixo o peso dos escudos dos seus homes. Deste xeito Tarpeia morreu sen poder recibir o pago da súa traizón.
Outra versión afirmaba que o que Tarpeia pediu foi, non que casase con ela, senón o que os soldados levaban no brazo esquerdo, é dicir, ricos brazaletes. Tito Tacio simulou entender que quería os escudos e fíxoa matar da forma devandita. Tarpeia coa súa acción deu nome ao Capitolio mesmo, o mons Tarpeius, dende o cal no futuro se despeñaría aos criminais.Tras a traizón de Tarpeia os sabinos entraron na cidadela.
Parte do exército inimigo intentou coller por detrás a Rómulo, e tería saído coa súa se o deus Xano non fixese brotar unha fonte de auga fervendo que lles pechou o paso. Con todo, as tropas sabinas seguían avanzando. Cando chegaron ao Palatino, vendo Rómulo que a derrota ía ser un desastre, suplicou a Xúpiter e prometeu alzarlle un templo alí onde cambiase a sorte da batalla. Así ocorreu. Por iso, unha vez terminada a contenda, Rómulo levantou un templo en honra a Xúpiter Stator, “o que detén”.
Na explanada do Foro libráronse encarnizados combates entre sogros e xenros sen que a vitoria se decantase por ningún dos dous. Mentres os homes desataban o seu ímpetu guerreiro, as mulleres temían que se aquilo continuaba ían quedar viúvas e orfas, así que decidiron intervir. No fragor da batalla as matronas interpuxéronse entre os dous bandos e pararon a contenda.
"Volvede as espadas contra nós, pois nós somos a causa desta guerra, así como das feridas e da morte dos nosos esposos e os nosos pais; preferimos morrer que vivir viudas ou orfas, gritaban á vez que expoñían os seus peitos ás espadas duns e outros" (Tito Livio, Ab urbe condita, I, 13).
De súpeto cesou o alboroto, romanos e sabinos miraron ás súas esposas e ás súas fillas e irmás. Nun momento, todos os principios da guerra (poucos naquel entón) viñéronse abaixo e as embestidas de lanzas e ferros convertéronse en abrazos de paz.
Así foi como se irmanaron romanos e sabinos. Grazas ás doncelas raptadas, o romano comezou a ser un pobo forte e a dar sinais desa capacidade de integrar ás xentes dos lugares que conquista. Rómulo compartiu o seu reinado con Tacio, aínda que non foi durante moito tempo, tan só cinco anos, por mor da morte por asasinato do rei sabino. Foi unha cuestión de vinganza na que nada tiveron que ver os romanos. Rómulo quedou como único rei dos dous pobos.
Convertido en monarca, Rómulo mantivo baixo control aos pobos veciños, fortificou a cidade e compartiu o goberno cun senado composto por optimates, os xefes principais das familias, chamados pais da patria. Os seus descendentes coñecéronse como patricios, os cales terían sempre en fronte aos plebeos, romanos como os patricios pero sen os privilexios destes. As dúas clases sociais quedaran separadas desde o inicio polo que sería moi difícil volvelas a unir, malia os intentos que se realizaron ao longo do tempo.
Rómulo dividiu o pobo en tres tribos (Ramnes, Titienses e Luceres) e trinta curias, designando a cada unha co nome das trinta doncelas sabinas raptadas.
Un dia, corenta anos logo da fundación de Roma, atopábase Rómulo pasando revista ao seu pobo no Campo de Marte, cando se desatou unha tormenta. O rei desapareceu entre os lóstregos, segundo algúns, transportado ao ceo por unha gran figura.
Pero pronto se levantou a sospeita do asasinato. O pobo romano botou a culpa aos patricios, pois crían que eles o mataron para facerse co poder. Con todo, un deles, chamado Xullo Próculo, presentouse ante a asemblea e declarou ver a Rómulo no outeiro Quirinal, quen lle ordenou que lle edificase un templo naquel mesmo lugar. Os romanos créronlle e desde aquel momento venerouse ao primeiro rei de Roma baixo a figura do deus Quirino.
Reinou dende o (715 ata o 672 a.C.) Foi o segundo rei de Roma. Casou con Tacia, filla do rey sabino Tito Tacio.
Ao morrer Rómulo, o timón de Roma quedou en mans dos senadores, así que unha das funcións do senado neste periodo de interregno foi buscar ao candidato idóneo, para o que se fixaron non na estirpe, senón na súa valía persoal.
O elixido pola asemblea das curias (comitia curiata) foi finalmente un sabino de Cures chamado Numa Pompilio. Dicíase que Numa tiña unha gran relación coa ninfa Exeria (protectora das noivas e futuras nais) e que esta lle ensinou a ser un rei xusto e sabio, inspirándose na lexislación relixiosa.
O cometido fundamental de Numa Pompilio foi sufocar os ardores guerreiros do pobo romano, afeito máis a loitar que a cultivar os campos ou coidar do gando. Para iso dividiu por cabezas de familia os campos que conquistara Rómulo na guerra. E mostrou como se pode vivir comodamente. E en concordia cultivando a terra. Era pacifista e piadoso, creou leis e potenciou os dereitos e acordos de paz entre Roma e o resto das cidades
Infundiu así mesmo un amor á quietude e á paz, sentimentos que reforzan a lealdade e a xustiza. Inspirado pola súa esposa, que segundo outra tradición era a ninfa Exeria, reformou as cerimonias relixiosas e ordenou a relixión. Con todo iso, conclúe Cicerón, humanizou e amansou os ánimos dos homes feroces e crueis polo ansia da guerra...
E en palabras de Tito Livio: outorgou o dereito, as leis e os costumes a unha cidade fundada pola forza e as armas...
Este rei tamén se ocupou de reformar o calendario dividíndoo en dez meses luares.
Pero a Numa sucedeulle un rei belicoso, chamado Tulio Hostilio, neto dun amigo de Rómulo. Reinou dende o (672 ata o 640 a.C.) e foi o tercer rei de Roma.
Aínda que era xa entrado en anos cando accedeu ao poder non deixou de acometer aos pobos veciños que podían significar unha ameaza para Roma. Malia o seu espírito guerreiro, creou o dereito da guerra xusta, segundo o cal non podían iniciar un ataque se non mediaba unha declaración de guerra formal ou se daba unha intimidación manifesta.
Constrúe a Curia Hostilia, sede do senado, que toma o seu nome, xa que se lle atribúe a promoción de dita construción.
Tulio Hostilio pasou á historia por destruír Alba Longa, a cidade-nai de Roma. Como non se produciu ningunha declaración de guerra, os respectivos senados decidiron que a supremacía de Roma ou de Alba Longa se decidise nun duelo entre tres irmáns de cada bando. A cidade vencida someteríase á vencedora e desaparecería do mapa como a neve tralo desxeo.
A guerra entre trixemelgos
A historia tennos afeitos a ver reducida unha guerra a un duelo entre dous guerreiros, os máis avezados de cada bando. Recordemos a Paris contra Menelao, e a Aquiles contra Héctor na explanada de Troia; a David contra Goliat no val do Terebinto; a Eneas contra Turno na última batalla entre os latinos e os rútulos.
Que se enfronten entre si os instigadores da contenda, ou os dous soldados máis fortes e valentes, ou os dous de cada exército, entra dentro do pouco romanticismo que poida haber no universo bélico, pero que se elixan 3 irmáns de cada facción, trixemelgos, co fin de que decidan coas armas quen é o vencedor, non deixa de ser sorprendente. Tres contra tres é unha fórmula novedosa que inventaron, novamente, os romanos. Asistamos pois a esa extraña xusta entre os Horacios e os Curiacios.
Os romanos elixiron aos irmáns Horacios e os albanos aos Curiacios. Daba a casualidade que os fillos das dúas familias eran trixemelgos, ademais de soldados nobres, fortes e valentes, e que estaban emparentados porque un dos romanos era esposo dunha irmá dos albanos e un albano estaba comprometido cunha irmá dos romanos.
Os Horacios, como probablemente tamén fixeron os Curiacios, xuraron ante as súas espadas morrer por Roma.
Á orde do rei, os seis guerreiros embestíronse como dous exércitos. Bateron as espadas e tremeron os escudos. A loita foi cruenta e ao cabo caeron dous Horacios.
A sorte estaba botada, agora eran tres contra un. Pero o Horacio deuse conta de que os tres Curiacios estaban feridos de diferente consideración, mentres que el estaba ileso, así que comezou a correr.
Eles perseguírono pero non podían facelo á mesma velocidade. Cando viu que estaban suficientemente separados, volveuse e matou ao primeiro.
Despois enfrontouse ao segundo, que morreu antes de que chegase o terceiro na súa axuda. O último, exhausto e mal ferido, non tardou en pasar pola espada do romano.
O vencedor entrou en Roma aclamado polo pobo. Chegou á súa casa e foi recibido con orgullo polo seu pai.
A súa irmá, con todo, botouse a chorar ao ver que levaba como trofeo a túnica do seu noivo.
O irmán recriminoulle que non se alegrase pola vitoria e, considerándoa unha inimiga de Roma, matouna coa espada ensanguentada con que acabara co seu prometido. As bágoas do pai xunto á heroicidade do fillo fixeron que o terceiro dos Horacios fose absolto de fratricidio.
Os romanos destruíron Alba Longa, e toda a súa poboación trasladouse a Roma, cerca do Aventino. As familias principais foron recoñecidas coa cidadanía romana e as máis humildes esclavizadas. Da cidade albana non quedou pedra sobre pedra. Corría o ano 665 a.C.; a Roma quedábanlle moitos episodios heroicos por cumprir. Os dous senados reuníronse nunha planicie entre as dúas cidades para ser testemuñas do singular combate.
Anco Marcio reinou dende o 640 ata o 616 a.C. Era un rei sabino e neto de Numa Pompilio. Este rei levou a cabo numerosos proxectos en obras públicas.
Construiu unha ponte de madeira sobre o río Tíber, o Pons Sublicius, moi importante para o comercio co sal.
Tamén fundou o porto de Ostia, para protexer o estuario do Tíber.
O comercio favorece as relacións cos pobos etruscos, e así os seguintes tres reis e últimos van ser etruscos.
Fundou a primera prisión de Roma, para encerrar ós acusados ata decidir que facer con eles (ata entón, o castigo habitual era o desterro).
A característica sobresaínte deste período é o igualitarismo.
Os habitantes agrúpanse en núcleos familiares nos que o xefe é o pater familias.
Una familia cun antepasado común, pater, forma un clan, gens, e aos membros coñéceselles coma “patricios”.
As gens son un grupo uniforme e unido. Gardan un culto a un antepasado común, cumpren unas normas herdadas dos antepasados (mos maiorum) e posúen a propiedade comunal das terras.
As gens son autónomas, pero reúnense para tratar asuntos da comunidade. O conxunto das gens forma o populus (pobo).
A poboación (patricios e plebeos) foi dividida en 5 clases ou classis, compostas cada unha por un número determinado de centurias.
Os cidadáns víanse obrigados a reclamar o seu dereito a voto. Estes votos pasábanse a facer por comicios (comitia centuriata), onde participaba todo o pobo cun voto por centuria. Os cidadáns ricos, aínda sendo menos, constituían máis centurias que os resto de cidadáns, polo que a capacidade de decisión política da clase baixa era nula.
As formas de organización política eran:
A asamblea do pobo (comitia curiata) está formada por varóns maiores de idade. Reúnense diante da residencia do rei, no comitium. As suas funcións:
Aprobar propostas do senado por aclamación.
Aprobar a candidatura ao trono proposta polo Senado.
Investir ao rei electo do poder supremo (imperium).
O senado era un consello de anciáns (senex) formado por 100 patres familias elixidos polo rei. As súas funcións:
Aconsellar ao rei
Facer propostas a asemblea do pobo
Proponer o candidato ó trono
Exercer o goberno provisional á morte do rei
Ten un gran peso político nas decisións do rei.
E elixido con carácter vitalicio entre os membros do senado, é proposto por éste á asamblea das curias que confiren autoridade real. É o xefe político, militar xudicial e relixioso da comunidade.
A unidade de recrutamento é a curia. Cada curia aporta cen pedites (soldados de infantería que ían a pé) e dez equites (soldados de cabalería).
A infantería non ten orde de batalla, o armamento que posúen non é uniforme.
A cabalería ten máis importancia social que militar, considérana un símbolo de superioridade e garda persoal do rei.
A cidade de Roma necesitaba un corpo preparado para a defensa desta, polo que os homes domiciliados eran obrigados ao servicio militar desde os 17 ós 60 anos, aínda que os que máis rendían eran os das idades comprendidas entre 17 e 46.
O posto destes estaba definido polo censo e as primeiras clases, as máis ricas, formaban a cabalería e a infantería pesada, xa que só eles podían costearse o cabalo e as armas.
Ad libitum
Rómulo e Numa. A organización social.
(falta) >