Post date: Oct 9, 2016 6:22:12 PM
En Sanxenxo, no xacemento de A Lanzada, xa se atoparan hai tempo importantes restos sobre a romanización en Galicia e as comunicacións con Europa e o Mediterráneo. Pero recentemente foi achado o esqueleto dunha muller romana en bo estado de conservación. Bautizárona Cornelia e grazas a ela poderase averiguar a alimentación que se mantiña na área, ademais doutros datos interesantes como as causas da súa morte.
Sen embargo, aínda máis sorprendente que o desta muller, foi o achado dun bebé de moi curta idade. Data do século I d.C. e os seus ósos están moi deteriorados, aínda que complementarán os datos que ofreza Cornelia. O máis destacable do descubrimento é que non era habitual que os meniños recibisen sepultura ao non ser considerados humanos completos. Este bebé si a recibiu, pero pode tratarse simplemente dunha excepción.
Os investigadores continúan no xacemento na procura de máis corpos e información que puidesen aclarar o descubrimento deste meniño.
Fonte e imaxe (os arqueólogos onde apareceron os restos do bebé) | Faro de Vigo