Post date: Nov 2, 2015 10:48:06 AM
Remátanse os traballos de escavación arqueolóxica na vila romana de Vilauba (Girona). O último descubrimento foi unha área termal.
A modificación do trazado da estrada GI-524, que ata o ano 2013 pasaba por medio do xacemento de Vilauba, permitiu continuar descubrindo novos restos arqueolóxicos que ata agora estaban escondidos baixo o camiño e que pertencían a antigua vila romana que explotaba agrícolamente esta parte.
A campaña de este ano permitiu completar pola parte norte a planta do balneum ou área termal asociada a edificación principal, deixando ao descuberto a canalización que recollía augas pluviales e tamén as diferentes salas de baño, feitas cunha base de tellas e ladrillos.
A escavación serviu para constatar tamén que os constructores romanos aproveitaron as características do terreo natural, en clara pendente hacia o sur e o este, para poñer alí toda unha boa parte do conxunto termal, xa que algunhas estancias do baño, como o caldarium ou sala de baño quente e a sudatio ou sauna, dispoñían dunha cámara de aire debaixo do pavimento que facilitaba a circulación de aire quente que viña dos fornos da área de servicio.
Os materiais arqueolóxicos recuperados demostran que os baños mantuveron o seu uso ata, mínimo, mediados do século IV d.C.
Imaxe e información| La Vanguardia