Post date: Dec 10, 2016 11:20:06 AM
Cincuenta mil metros de escavacións volven ser visitables. Pompeia cerra o ano con un récord de visitantes de 3,2 millóns e tamén de reaperturas. As últimas, esta mesma semana, cando se mostrou a o público unha zona oculta ademais das Regio V e IX.A casa de Obellio Firmo está na Regio IX e estaba deshabitada, debido ao falecemento de Obellio, cando se produciu a erupción. O nome do propietario está escrito nas paredes da casa. M. Obellius Firmus morreu ao inicio do ano 70 e a súa tumba atópase en Porta di Nola.Na Regio V atópase a casa de Marco Lucrezio Frontone, onde se conservan algunhas das pinturas mais destacadas da antiga Pompeia. Marco era de familia acomodada e adicabase a política. A súa casa estaba sendo restaurada no momento da erupción do Vesubio.A casa contén moitos frescos de animais, paisaxes e xardíns, que permiten facer unha idea de como se decoraban as casas dos romanos ricos, aínda que foran de provincia. Nunha das habitacións desta casa atoparonse cinco corpos sepultados pola erupción.A expectación do lupanar
As intervencións estruturais nas paredes mais afectadas permitiron o acceso a estradas e casas ata agora inaccesibles.
Outro dos edificios que se poden visitar novamente é o pequeno prostíbulo o lupanar (Regio IX, ínsula 5, 16) que conta con frescos de temática erótica nunha das habitacións.
Fonte e imaxe| La Vanguardia