Post date: 26-may-2017 20:10:53
O alcalde de Villar de Domingo García (Cuenca), instou a Junta das comunidades de Castela-A Mancha que facilite a apertura do xacemento da Vila Romana de Noheda. Este insiste na necesaria colaboración do Goberno rexional nesta cuestión, xa que é o maior responsable na comunidade en materia de patrimonio. Ademáis invita ao executivo castelán-manchego a tomar exemplo da Deputación provincial, a cal xa proporcionou inversión, de case un millón de euros, a Noheda. O alcalde espera que a Junta axude a que conquenses e visitantes poidan desfrutar deste tesouro.
Pola súa parte o delegado da Junta de Cuenca asegura que están sendo absolutamente dilixentes con todo o que ten que ver co xacemento de Noheda. Éste recorda que en setembro a Junta aprobou os proxectos da climatización e electrificación de Vila Romana, condicionados a que se definirá ben a ubicación exacta das torres de electrificación definírase nunha visita técnica dos técnicos de Viceconsexería de Cultura, que tivo lugar o derradeiro xaneiro.
Sen embargo a Deputación de Cuenca e o Concello de Villar de Domingo García esperaron ata maio para presentar o informe de intervención, que foi visado en apenas dez días polos técnicos de Administración rexional.
Concluíu dicindo que se aínda non está aberta ao público é porqué a obra non rematou, e que os responsables disto son a Deputación e o Concello, pois a intervención comezou en 2013 e xa entón a Junta tivera que paralizar as obras durante uns meses por erros técnicos.
Por outra parte, avanzou que vai propoñer ao Ministerio de Cultura que destine parte da inversión do Programa de Actuacións do 1,5% Cultural ao xacemento, como avanzou o viceconcelleiro de Cultura ao director xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural.
Fonte e imaxeI clm24