Ritos e maxia nunha basílica neopitagórica subterránea en Roma

Post date: Dec 29, 2015 4:53:36 PM

Vinte séculos de misterios, de cultos esotéricos entre sacrilexios e maxia, estiveron celosamente custodiados baixo nove metros de terra. Trátase da basílica neopitagórica pagana de Porta Maggiore, que foi aberta recentemente ao público mediante visitas guiadas. Hai unha Roma subterránea, con marabillas, que ofrecen moitas oportunidades para quen desexe aventurarse na atmósfera máxica dos antigos cultos e elixións esotéricas. Esta basílica, do século I d.C.,  foi descuberta casualmente no ano 1917 nas cercanías da "Porta Maggiore", durante as obras de modernización da línea ferroviaria Roma-Nápoles.A arqueóloga Ida Sciortino da Superintendenia Arqueolóxica de Roma afirma que é un monumento único no mundo occidental romano, pola súa planta de tres naves e ábsides, similar as sucesivas iglesias cristianas. Os teitos e paredes están luxosamente decorados, alternándose frescos e relieves con escenas mitolóxicas que representan a salvación da alma e os secretos da tradición iniciática.

O historiador francés Jerome Carcopino ofrece unha interpretación cultural: a propiedade do complexo sería de Tito Statilio Tauro, quen formou parte dunha secta misteriosa, sendo este o pretexto para ser acusado de realizar prácticas máxicas pola intrigante e implacable Agripina, esposa de Claudio e nai do emperador Nerón.

Imaxe e información | ABC