Post date: Oct 31, 2015 5:17:49 PM
A campaña de escavacións 2015 permitiu sumar un novo espazo museístico ao campamento militar romano de Aquis Querquenis en Porto Quintela (Bande, Ourense). Os traballos dos arqueólogos permitiron definir as letrinas e un novo barracón de tropas. Foi atopado tamén un denario de plata da época do emperador Domiciano, século I d.C. As primeiras escavacións neste xacemento comezaron en 1979 e según o arqueólogo Santiago Ferrer, director desta última campaña promovida pola fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, estes novos espazos estarán abertos aos visitantes a partir de 2017.
Fonte e imaxe | La Región