O latín do século XXI

Introdución

O latín segue vivo no século XXI e continúase empregando na ciencia, na igrexa e tamén na fala. Coñecemos a este período coa denominación de latín contemporáneo e podemos distinguir tres tipos, que responden ao uso, características e contexto no que se utilizan. 

Os 3 subtipos dos que falaremos a continuación son:

Novo latín ou neolatín

Este latín é a continuación da tradición anterior como lingua franca na comunidade científica. O latín séguese utilizando no ámbito da Medicina, do Dereito, da Filoloxía, da Química, etc.

Códigos Internacionais de nomenclatura científica en bioloxía

A persoa que descobre unha nova especie ten o privilexio de darlle nome á mesma, e isto foi o que lle ocorreu a Jacinto Pérez. 

O presidente do GEMM foi o primeiro en observar un molusco gasterópodo duns 6’5 milímetros de lonxitude que foi achado sobre colonias de corais brancos a uns 25 metros de profundidade. 

Na súa honra, este molusco foi bautizado como “Simnia jacintoi”.

Imaxe da “Simnia jacintoi” e do cadro da súa clasificación biolóxica.

Hai casos curiosos como o da araña “Pachygnatha zappa”, que leva o seu nome en honra do compositor e guitarrista do século XX Frank Zappa (1941 - 1993).

A marca de cor gris escuro no abdome da femia parécese ao bigote lendario do artista.
Pachygnatha zappa”.
Na imaxe, “Equus ferus atlanticus”.

Equus ferus atlanticus

Felipe Bárcena, o maior estudoso dun cuadrúpedo de pelo espeso que habita os montes de Galicia e tamén algunhas zonas de Portugal, propuxo o nome de “Equus ferus atlanticus” para este animal que está pendente de ser recoñecido como subespecie equina.

(Do latín equus, i, "cabalo" +ferus-a-umfero, salvaxe” + atlanticus-a-umatlántico").

Na imaxe, “Quercus robur”, da Wikipedia.

Quercus robur

Unha das árbores emblemáticas de Galicia, o carballo, ten como nome científico “Quercus robur”, (do latín quercus, "carballo" + robur "forte, de madeira resistente").

 A avespa asiática recibe o nome de “Vespa velutina nigrithorax”, (do latín vespa, "avespa" + luteus-a-umamarelo" + niger-gra-grumnegro” + thoraxcoiraza”).

Na imaxe, “Vespa velutina”, da Wikipedia.

A Operación Púnica foi un operativo policial polo que foron detidos pola Garda Civil políticos, ediles, funcionarios e empresarios por estar supostamente implicados nunha trama de corrupción. 

Leva o nome de “Punica” por “Punica granatum”, o equivalente en latín á granada, polo apelido de Francisco Granados, un dos detidos.

Imaxe da nova, en El País.
Operación Púnica.

Sen embargo, e por desgraza, existen ámbitos nos que o latín está dando un paso atrás. É o caso da bótanica

Desde o 1 de xaneiro do 2012, quen descubra unha nova especie de vexetal -e quedan moitas por coñecer- non terán que incluír obrigatoriamente unha breve descrición en latín do seu achado para que sexa aceptado internacionalmente. 

Poderán facelo tamén en inglés. Así o acordou no seu último congreso o Código Internacional para a Nomenclatura Botánica. 

E así termina cun dos últimos reductos da lingua na vida profesional. 

Os nomes das plantas, iso si, seguirán sendo en latín (ou en algo parecido, xa que vale calquera nome ao que se lle engada unha terminación latina).

Nomenclatura planetaria

Trátase dun sistema para identificar accidentes xeográficos en planetas e satélites usando termos latinos. Como xa sabemos, os nomes da maioría dos planetas recíbenos da Antigüidade grega e latina. 

Como curiosidade, podemos contar que no 2013 houbo un concurso de ideas para nomear as lúas de Plutón, onde todos os internautas podían votar entre estas denominacións, todas elas de orixe grecolatina: 

Acheron, Alecto, Cerberus, Erebus, Elysium, Eurydice, Hecate, Hercules, Hypnos, Lethe, Melinoe, Obol, Orpheus, Orthrus, Persephone, Sisyphus, Styx, Tantalus, Tartarus, Thanatos e Vulcan. Os nomes gañadores foron Cerbero (Kerberos) e Estixia (Styx)

 Podes ler o artigo completo.

Cadro da nomenclatura planetaria.
Imaxe da páxina web do concurso e de Plutón.

Nomenclatura anatómica internacional

Trátase do acordo internacional para uniformar un vocabulario científico no que cada parte teña un só nome, o máis simple e descritivo posible. Por suposto, en latín.

Imaxes relativas á nomenclatura anatómica
Imaxes relativas á nomenclatura anatómica.

Táboa periódica

Os elementos da táboa periódica son un exemplo máis do uso do latín na actualidade, pois os seus nomes proveñen do grego e, maioritariamente, do latín. No caso dos gases nobres, correspóndense con palabras destes idiomas, e no caso das novas incorporacións, os nomes propostos e escollidos proveñen do latín ou créanse en base a este.

Fragmento da táboa periódica, da Wikipedia.

Algúns nomes propostos para as novas incorporacións son:

Máis información sobre o bautizo dos elementos da táboa periódica en El País.

Latinismos ou aforismos latinos

Palabras, frases, expresións ou sentenzas da lingua latina que se empregan noutro idioma. 

A moitos deles considerámolos xa integrados na nosa lingua, e podemos acentuálos segundo as regras.

Atopamos latinismos nos ámbitos do dereito e a universidade, pero tamén na vida cotiá.

Imaxe sobre os latinismos.

As nubes, en latín!

A Organicación Meteorolóxica Internacional presenta un novo atlas no que poderemos encontrar o nome de doce novos tipos de nubes que, a pesar de ter categorías inferiores e ser dunha especie diferente as atopadas anteriormente, non teñen un xénero distinto aos dez xa presentes no atlas anterior.

Porque si, ao igual que os animais, as nubes clasifícanse en xéneros, especies e outras categorías inferiores con nomes en latín. 

A entidade engade a súa vez cinco novos rasgos complementarios: asperitas, cavum (cun burato), cauda (o nube da cola), fluctus y murus (ou nube do muro).

Imaxe do ceo cuberto por algunhas nubes.

O novo atlas tamén introduce cinco nubes especiaies máis. Catro delas están relacionadas con factores localizados que disparan a formación das nubes: cataractagenitus, vinculadas a cataratas; flammagenitus, observadas sobre fontes de calor intenso, como incendios forestales; silvagenitus, típicas de bosques húmedos; e homogenitus, xeneradas a partir de das estelas de condensación que deixan os avións. 

As homomutatus son nubes xa existentes que se modifican co paso de aeronaves.

Fonte | El País

Latín vivo ou falado

Latín, lingua franca

O latín vivo serve para designar a utilización actual, oral e escrita, do idioma latín, seguindo o modelo gramatical e a pronunciación do latín clásico: como en lemas universitarios, en libros, na rede, no fútbol, en escudos, en moedas...

Hoxe en día estase producindo un debate sobre o uso do latín e o que representa para o mundo. 

É o latín unha lingua franca que nos serve para a comunicación universal? Ou é un pasatempo que empregan uns cantos frikis

Os seguintes exemplos axudarannos a comprobar que este idioma segue vivo, tanto nas novas tecnoloxías, como nos medios de comunicación, na tradución de fenómenos literarios ou en bandeiras, escudos e moedas, entre outros.

Neste artigo periodístico de Ruben Amón para El País, xógase coa idea dun latín como lingua oficial da UE.

Na rede

Na radio

Na música

Son moitas as formacións musicais ou cantantes solistas que elixiron o latín como lingua para algunhas das súas interpretacións e composicións. 

O heavy metal, as series de anime e videoxogos, a ópera, a música contemporánea, os himnos relixiosos, o folk metal, a canción lixeira, o bolero..., todos os xéneros musicais habidos e por haber teñen no latín un fiel aliado.

Máis información acerca do latín na música nesta páxina!

Libros e cómics en latín

Harrius Potter, Harry Potter, da autora inglesa J.K. Rowling.   
Cómics de Asterix.

Cerimonias

Hoxe en día, cantamos en latín o himno da universidade en todo tipo de actos académicos, como a inauguración do curso.

Outro exemplo podemos atopalo na cerimonia de graduación, esta vez dende os EEUU. 

Graduatio latina: un estudante americano, Charles Joseph McNamara, pronunciou o 356 º discurso de inauguración de Latin Salutatory, na universidade de Harvard, no 2007, sobre Star Wars.

Circuli latini

Os Circuli Latini, son grupos de persoas que se reúnen en diferentes cidades para falar a lingua latina (dicitur globus parvus hominum qui conveniunt ut Latine loquantur)

Estes son algúns dos diferentes Circuli Latini, que se atopan por toda Europa. Nesta páxina poderás atopar máis.

circulus gallaicus_MMXXIV.mov

Na publicidade

O latín segue hoxe máis vivo que nunca nos textos publicitarios. Ben sexa na prensa escrita, nos spots televisivos e radiofónicos ou na rede, outorga ao produto anunciado un plus de prestixio e calidade que lle permite destacar no mare magnum da xungla da publicidade, como apunta Delio de Martino no seu artigo "El latín publicitario".

A cafetería Orpheus, na Estrada, fai referencia a Orfeo, personaxe da mitoloxía grega famoso polas súas dons musicais.
Este adxectivo latino, que significa invicto ou non vencido, dá nome unha das cafeterías máis importantes da Estrada.
 Fonte: Taboleiro en Pinterest de Juan Aguilar. Lingua Latīna et Graeca Vbīque 

No fútbol

Queremos tratar aquí a presenza dos latinismos en lemas ou escudos, concretamente nos escudos dos clubes de fútbol da liga inglesa, e de como aportan ese plus de prestixio que se persegue (aínda que non sempre garanta a consecución dos 3 puntos...!).

Escudo do Barsnsley FC, que actualmente milita na League One

O  Barnsley FC luce na súa enseña o seguinte lema: Spectemur agendo, "sexamos vistos en acción", no sentido de "que nos xulguen polos nosos actos".

Trátase dunha cita do poeta latino Ovidio, que no libro XII da súa obra "Metamorfoses" fai dicir ao heroe Aiax: Denique (quid verbis opus est?) spectemur agendo!

http://3.bp.blogspot.com/_Ph4VsZh72Ms/S6PWiDndf8I/AAAAAAAAA6g/l26YYba6wVI/s1600/Arsenal_fc_old_crest_small.png
O antigo eswcudo do Arsenal lucía así, e os gunners realizaron un tifo recientemente co lema.

Victoria concordia crescit, é o lema do antigo escudo do Arsenal, que cambiaron en 2002, e significa "a vitoria medra coa concordia ou coa harmonía", que significa que para gañar teñen que estar unidos, cunha relación e proporción adecuada.

Se queres coñecer máis información acerca do latín no fútbol e no twitter podes consultar a seguinte páxina.

Latín en moedas, escudos e bandeiras

O latín aparece tamén nos lemas latinos en escudos de países, moedas, universidades...

Se queres saber máis información acerca do latín en moedas e escudos podes consultar o seguinte enlace: DivesGallaecia

Imaxe sacada de DivesGallaecia que mostra diferentes frases en latín en moedas e escudos.

Pasamentos, periódicos e revistas en latín 

Outra forma de informarse, ademais da rede e da radio, son os periódicos, como o dixital Ephemeris e as revistas, que serven tanto para estar actualizado, como para pasar o tempo ou enterarse das novas tendencias.

Imaxe sacada de Eli Magazines que mostra a portada da revista Aduléscens.
Resultado de imagen de adulescens latin

Latín eclesiástico

O latín é a lingua oficial da igrexa católica. 

As publicacións oficiais do Vaticano realízanse en latín e tamén é posible asistir a misa nesta lingua. 

Os últimos papas tiveron e teñen a súa conta de twitter en latín.

O latín é unha lingua que sigue viva e para mantela actualizada creouse O Lexicon Recentis Latinitatis

É o diccionario utilizado hoxe en día para traducir os novos termos engadidos a lingua, xa que os novos termos que están a aparecer nas linguas precisan de novas palabras en latín para designalos.

Cabe destacar a anécdota de Giovana Chirri, unha periodista. Esta muller estaba presente nunha entrevista que lle fixeron ao Papa e, ao ser a única que sabía latín de entre os poucos periodistas que había alí, enterouse de que o Papa tiña pensado renunciar ao seu cargo. Nun primeiro momento asustouse e creu que entendera mal, pero non; o Papa ía renunciar. Foi a primeira en contalo na súa conta de twitter.


Clika aquí para ver o vídeo. 
Na imaxe podemos ver varios tuits en latín dos últimos papas.