Herculano, atopadas as “Historiae” perdidas de Séneca o Vello

Post date: May 20, 2018 3:41:23 PM

O estudo do papiro P. Herc. 1067, realizado pola Biblioteca Nacional de Nápoles, permitiu atribuir estes fragmentos ás ‘Historiae ab initio bellorum civilium’ de Lucio Anneo Seneca o Vello, obra da que ata agora non había ningunha noticia directa de tradición manuscrita. Valeria Piano, filóloga, papiróloga e investigadora da Universidade de Nápoles Federico II, traballou durante un ano na recomposición dos restos, conservados na Oficina dos Papiros de Herculano. Os estudos e análisis realizados sobre estas dezaseis pezas, tendo en conta o seu contido e a súa cronoloxía, permitiron descubrir o autor desta obra de carácter histórico-política.

Carla di Francesco, secretaria xeral do MiBACT, afirma que este descubrimento devolve ao mundo unha obra da literatura latina ata agora considerada perdida. O P. Herc. 1067 é un dos papiros latinos máis célebres da colección de Herculano, coñecido como ‘Oratio in Senatu habita ante principem’.

A atribución a Séneca o Vello confirma que a Vila dos Pisones, coa súa biblioteca, foi un centro importante de estudos ata pouco antes da erupción do Vesubio. Os papiros carbonizados de Herculano mostran cómo na vila se encontraba a obra dun dos grandes ausentes da literatura latina.

Fonte e imaxe | adnkronos