Pompeia, un centro de beleza da antigüedade

Post date: Apr 1, 2016 1:07:03 PM

Naturezas mortas e xardíns, frescos e fontes, obxetos de plata e xoias, estatuas, terracotas e vasos en exposición en dous novos itinerarios no sitio arqueolóxico de Pompeia que propón, dende o 16 de marzo ata o 15 de xuño unha visita ao interior das escavacións e dende o 16 de marzo ata o 30 de setembro no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles novas producións ca mostra ”Mito e Natureza. De Grecia a Pompeia”.Cinco domus restauradas son o telón de fondo da ruta verde proposta pola Superintendencia para amosar a percepción da natureza no mundo grego e romano entre os séculos VIII-II a.C. Entre elas os "Praedia" de Julia felix, que alberga un "centro de beleza da antigüedade", a Casa de Loreio Tiburtino, a Casa da Venus da Concha, a Domus do Frutteto e a Casa de Marco Lucrecio na vía Estabiana.

Información e imaxe | Ansa