Descuberto un novo mosaico romano en Asturias

Post date: May 18, 2018 2:48:31 PM

En abril foi descuberto o xacemento da Vila de San Martiño ou Vila de Andaión, no concello de Las Regueras. Trátase do cuarto que se encontra en Asturias.

O mosaico encóntrase en perfecto estado de conservación, é grande e ten varias cores, e está decorado con debuxos xeométricos: flores hexapétalas (que teñen seis pétalos), cadrados, losanges (rombos), círculos, sogueados (cordas) e cruces gamadas. O mosaico foi descuberto grazas ao equipo de Juan R.Muñiz e aos propietarios do terreo. 

O valor arqueolóxico do lugar xa era coñecido grazas ao restos significativos achados nas escavacións feitas en 1958, 1961 e 2013.

Fonte e imaxe | National Geographic