Son moitas as formacións musicais ou cantantes solistas que elixiron o latín como lingua para algunhas das súas interpretacións e composicións. O heavy metal, as series de anime e videoxogos, a ópera, a música contemporánea, os himnos relixiosos, o folk metal, a canción lixeira, o bolero..., todos os xéneros musicais habidos e por haber teñen no latín un fiel aliado.
In Extremo é unha banda alemá de folk metal fundada no ano de 1995 na cidade de Berlín, unha das máis notorias do folk metal de Europa Central.
A canción elixida, Omnia sol temperat, toma a súa letra dos Carmina Burana, antigos poemas medievais compostos en latín.
In extremo (preposición de ablativo in + ablativo singular de extremus-a-um, podería traducirse como "no límite" ou "no fin"
É famosa polas súas traballadas presentacións en vivo, polo seu estilo festivo e a gran variedade de dialectos e idiomas traballados nas súas letras, moitos deles idiomas antigos ou medievais, entre eles o latín.
Faun é unha banda alemá de folk pagán, darkwave e música medieval fundada no ano 2002.
É famosa pola orixinalidade nas letras das súas cancións, as cales están escritas nunha gran variedade de idiomas, como o inglés, o latín, o grego, o alemán, o feroés, o castelán ou o galaico-portugés, entre outros.
O seu nome, Faun, provén da mitoloxía grecorromana, facendo alusión á divinidade Fauno (ou Pan, en grego), a cal era descrita como un espírito do bosque, o que expresa a conexión e o vínculo da banda ca natureza.
Flamma Flamma é unha obra musical de Nicholas Lens, un compositor belga (nado en 1957) da música contemporánea, sobre todo coñecido polas súas óperas. Flamma Flamma é a primeira parte da súa triloxía operística The Accacha Chronicles. O traballo foi artísticamente e financieiramente producido por él mesmo e saltou a fama cando Sony Classical comprou os dereitos en 1994 para a súa distribución por todo o mundo.
Podes escoitala no seguinte enlace: Flamma Flamma
Kumiko Oguro, máis coñecida como Noma, é unha cantante xaponesa de ópera.
É coñecida entre os fans de anime por ter cantado "Lilium", a canción de apertura da serie, Elfen Lied (2004), onde debutou co nome artístico de Noma.
Este tema, Lilium, está influenciado polo himno gregoriano, Ave Mundi Spes Maria.
Panzer é un grupo que interpretou a canción "Smoke on the water" de Deep Purple, coa axuda do profesor de latín do Instituto NCHS, chamado Steve Perkins, xa que traduciu a canción ao latín e a cantou con eles.
Adeste Fideles é un himno, xeralmente atribuído a John Francis Wade. Wade era un profesor de música católico que participou na rebelión Xacobina de 1745. Exiliouse en Douai, Francia, e seguramente foi alí onde o compuxo, publicándoo en 1751.
Itou Kanako é unha cantante xaponesa que interpretou moitas cancións para videoxogos e series anime. Comezou a cantar no 2001 e segue cantando hoxe en día.
Itou Kanako ten unha canción en latín chamada Lamento.
Iced Earth é unha banda americana de heavy metal, procedente de Tampa, Florida. A banda foi fundada en 1985 baixo o nome de Purgatory polo compositor e guitarrista Jon Schaffer e polo batería orixinal Greg Seymour. Compuxeron o seu primeiro álbum en 1990.
Despois do álbum Horror Show Matt Barlow o vocalista principal deixou la banda e uniuse as forzas do orde.
A canción In Sacred Flames, forma parte do álbum The Crucible of Man: Something Wiked Part 2. É a primeira canción do álbum e foi composta por Jon Schaffer, que compuxo a maior parte das cancións deste álbum. Outras foron compostas por Barlow.
Podes escoitala no seguinte enlace: In Sacred Flames
Powerwolf é unha banda alemá de powermetal creada en 2003 polos irmáns Charles e Matthew Greywolf carazterizada polas súas temáticas relixiosas nas que mestura líricamente conceptos satánicos e relixiosos e polas referencias as lendas sobre vampiro e home lobo.
Sen duda resaltan polas súas vestimentas similares aos contos folclóricos en onde se atopan cultus en criptas.
Podes escoitala no seguinte enlace: Sanctus Dominus