Post date: Dec 11, 2014 4:52:10 PM
A "Colección Wolkonsky", formada por un rico patrimonio arqueolóXico de máis de 350 obras da época imperial romana, foi presentada en Roma na Vila Wolkonsky, residencia oficial do embaixador británico na cidade. Entre a colección atópanse pezas como a estatua de Atenea Partheos e a do Sátiro Músico. Obras que, de feito, constitúen un verdadeiro museo de Vila Wolkonsky.
O patrimonio, recuperado tras un traballo iniciado en 2011 e coordinado pola arquitecta Valentina Puglisi, comisaria da colección, foi o orgullo do parque da vila nos tempos da princesa rusa Zenaida Wolkonsky, que en 1830 comprou un vasto terreo agrícola xunto á Basílica de San Giovanni para crear un refuxio, lonxe do centro de Roma, no que entreter aos seus amigos artistas e escritores.
Fonte: Adnkronos
Imaxe: La Túnica de Neso