Post date: Dec 11, 2016 6:21:41 PM
Buceadores israelís que traballan na Universidade de Haifa atoparon un artefacto arqueolóxico raro que arroxa luz sobre un prefecto romano previamente descoñecido da provincia de Xudea no tempo anterior da rebelión de Bar Kojba.
A principios deste ano descubriuse unha gran roca cunha inscrición de 1.900 anos de antigüedade no leito marino da costa, ao sur de Haifa, no Mar Mediterráneo, co nome de Gargilius Antiques, e mencionando a provincia de Xudea.
Os arqueólogos foron capaces de determinar que Gargilius Antiques gobernou sobre Xudea xusto antes da lexendaria revolta contra o Imperio Romano. Dito lenvantamento foi finalmente derrocado, resultando no exilio dos xudeus.
O obxecto, que se cree que é a base da estatua, foi encontrada en xaneiro de 2016 como parte dunha excavación marítima no sitio arqueolóxico de Tel Dor. A cidade fora un importante porto mariño na época romana.
O nome de Gargilius Antiques atopouse por primeira vez nunha inscrición fai 70 anos. O texto atopado este ano é o mais largo que se obtivo nas escavacións marítimas de Israel.
Fonte e imaxe I Aurora Israel