O foro romano abre despois de trinta anos a igrexa de Santa María Antiga

Post date: Mar 20, 2016 12:48:59 PM

O foro romano ofrece dende o vindeiro 16 de marzo a posibilidade de visitar a igrexa de Santa María Antiga, cerrada tres décadas, que sobreviviu a un terremoto no 847 e aínda conserva un patrimonio pictórico único do cristianismo do primeiro milenio.Arquitectos e restauradores devolveron o esplendor a este "emblema da cristiandade e da arte bizantina da Idade Media" a través de complexas labores de restauración.

Esta tarea consistiu en protexer as pinturas da humidade para mellorar as condicións microclimáticas, limpalas e reducir o impacto visual dos raios solares ao reconstruir o teito das zonas á intemperie.

A igrexa amosa nas súas paredes algúns dos frescos que foron pintados entre os séculos IV e VIII d.C., un conxunto único da arte bizantina, dado a que a gran maioría do patrimonio pictórico da época quedou destruído pola furia da iconoclasia (destrución dos iconos relixiosos e outros símobolos dunha cultura)

O movemento iconoclasta prohibiu durante o século VIII realizar e expoñer imáxenes relixiosas en todo o territorio imperial e, sen embargo, os frescos de Santa María Antiga conseguiron sobrevivir á prohibición e permancer nas súas paredes ao longo dos séculos.

Non obstante, os frescos sufriron sucesivas filtracións de auga que, co paso do tempo, afectaron á estrutura xeral da igrexa.

Este espazo tamén tivo que soportar un terremoto rexistrado no ano 847 en Roma e que provocou numerosos daños nos Foros, onde se desenvolvía a vida económica, social e relixiosa.

Tralo terremoto, a igrexa quedou abandonada e enterrada baixo escombros, e non foi ata o ano 1900 cando Santa María Antiga foi redescuberta grazas as escavacións.

Imaxe e información |El Diario