Post date: Mar 1, 2015 10:13:45 PM
Unha zona de un Templo Íbero que data de entre os séculos V e III antes de Cristo foi atopada durante unhas recentes actuacións arqueolóxicas levadas a cabo na Praza da Igrexa de Villajoyosa. Estímase que os restos localizados formarían parte de un edificio de maiores dimensións.Tamén podería tratarse da capela doméstica ou da residencia de un aristócrata local. Os arqueólogos inclínanse máis porque sexa “un templo urbano”, xa que conta con “varias habitacións nas que se atoparon piezas singulares de gran calidade” e “se atopa no punto máis alto do cerro do casco antigo”.Esta zona mantivera o carácter sagrado co paso dos tempo, posto que a poucos metros se encontra a igrexa fortaleza gótica da Asunción e que probablemente debaixo de ésta se conserven restos de algún templo do foro da romana Allon.Fonte: www.diarioinformacion.com