No ano 1.000 a.C. na rexión central de Italia, o Lacio (Latium), asentouse un pobo indoeuropeo que se mesturou cos pobos xa existentes.
A rexión do Lacio era moi pobre, pero a situación era privilexiada xa que existía un cruce de camiños entre Etruria, ao norte e Campania, ao sur. (Ver mapa a dereita)
A Liga Latina era unha federación de aldeas dos montes albanos que se axudaban e defendían mutuamente.
Foi fundada orixinalmente pola cidade de Alba longa para garantir a seguridade dos seus membros.
Alba Longa, a mítica cidade anterior a Roma, nunca existiu. Esa é a conclusión á que chegou o importante arqueólogo Franco Arietti grazas á Via Sacra, a vía máis longa conservada, que conducía ao santuario Xúpiter Lacial no Monte Albano, posible localización de Alba Longa.
O tramo “sagrado” desta vía, que so podía transitarse a pé, coincide coa delimitación sagrada do bosque de Xúpiter Laciar, ao que moitos escritos sitúan no Monte Albano, onde non habería espacio polo tanto para construír unha cidade.
Xa existían anteriormente elementos que avalaban esta teoría, como una escavación realizada en 1920 que sacou á luz moi poucos restos arqueolóxicos, o que deu a entender que era imposible que houbera existido tal cidade naqueles tempos.
Así que xa se sabe que Alba Longa non estivo alí, pero os romanos inventaron tamén o seu palacio real, xa que a delimitación sagrada no Monte Albano e a subxacente chaira de Prato Fabio para terra humana e sagrada, non deixaba espacio para albergalo.
Sen embargo como vemos na frase do historiador Tito Livio «Omnes Latini ab Alba oriundi», todos los latinos descenden de Alba, explica a importancia histórica da inexistente cidade.
O proceso de formación de Roma comezou no século X a.C. Neste século, o territorio que logo sería Roma estaba formado por uns outeiros situados nun terreo pantanoso e insalubre, situados á marxe do río Tíber e a 30 km. do mar.
Estes outeiros foron poboados máis tarde que os montes albanos e permitían unha boa defensa.
O Tíber era un río navegable que permitía o acceso ao comercio marítimo, xa que chegaba ata o mar e tiña un vao, un paso xusto aos pés da nova cidade que se atopaba na rota que unía Etruria e Campania, o cal permitía pasar dunha zona á outra a pé, debido á pouca profundidade e corrente.
Os sete outeiros de Roma (Palatino, Capitolio, Esquilino, Celio, Aventino, Quirinal e Viminal) e os tres vales (Velabro, Murcia e Campo de Marte) eran o centro de inmigración dos pobos veciños.
O primeiro monte en poboarse foi o monte Palatino, o cal dominaba o vao a través da via salaria e o foro boario xa que eran zonas moi transitadas.
Entre os séculos IX e VIII a.C. outros pobos asentáronse nos demáis outeiros, polo que se creou a liga do Septimontium, unha federación de aldeas dos sete outeiros existentes que constituirían a cidade de Roma.
No século VII a.C. crece o comercio, melloran as comunicacións, chegan comerciantes de Etruria, e o Septimontium transfórmase nun núcleo urbano, Roma. Por este feito, Roma destrúe Alba Longa e Roma encabeza a Liga Latina.