Enterrado boca abaixo cunha pedra na boca

Post date: 25-ene-2017 16:11:27

Un home, duns trinta anos, que vivía en territorio británico durante a ocupación romana, foi achado en 1991 en Stanwick, Inglaterra

Ata agora non se analizara minuciosamente o corpo, que foi atopado boca abaixo e cunha pedra na boca. "Este enterramento e as alteracións nos ósos suxiren unha infección previa á morte, polo que se lle puido cortar a lingua e poñer a pedra para substituíla" explicaba Historic England ao National Geographic. Mays, un biólogo de Historic England, comentaba en The Guardian "A forma na que foi atopado pode significar que querían mantelo calado para sempre e a pedra era unha forma de que non volvese entre os vivos".

Fonte e Imaxe| National Geographic