Post date: Apr 19, 2018 5:22:43 PM
O sábado 14 de abril tivo lugar en Driebes un concurso para graffiteiros chamado "Ruranos". A súa temática foi o mundo romano. O concelleiro de Xuventude e Cultura, Javier Bachiller Higuera, explicou que o obxectivo era fomentar o turismo no municipio, agora coñecido polo achado da cidade de Caraca.
A idea foi proposta polo director de cine Carlos Sánchez Hernando. Nun comezo ían pintar 30 paredes pero finalmente a cifra quedouse en 20. Houbo 3 premios de 500, 300 e 200 euros para os mellores murais elixidos polo xurado. Os participantes tiveron que presentar un bosquexo e unha fotografía cun mural rematado. O evento, que durou dende as 9.00 ata as 20.00, fíxose coincidir co Día Mundial da Arte.
O Concello deu os sprays e asignou un muro de dous metros de ancho e dous metros e medio de alto a cada competidor. Pintáronse sobre unha base branca e cando acabou o concurso presentáronse os resultados das escavacións de Caraca.
O Concello xa anunciou o seu proxecto á Xunta de Comunidades de Castilla-La Mancha para poder continuar coas obras nesta cidade perdida e poder poñer ao descuberto as termas. Bachiller está moi satisfeito coa iniciativa e espera atraer máis visitantes.
Fonte | ABC
Imaxe | Concello de Driebes