Tarraco viva

Post date: Apr 15, 2015 5:24:05 PM

A decimoséptima edición de Tarraco Viva distribúese nuns 30 espazos da cidade e recrea aspectos da vida romana, como loitas de gladiadores no anfiteatro da cidade, declarado Patrimonio da Humanidade. Este ano doblou o número de actos con motivo do bimilenario de Augusto, con elementos novos como a réplica a escala real do monumental altar Ara Pacis, que tamén poderá visitarse nesta edición. A clausura será o domingo 17 no pazo de feiras e congresos, que tamén exhibe a Ara Pacis.A filosofía de TarracoViva non é captar público turístico, senón profundar na cultura romana coas diferentes facetas da súa vida cotiá. Entre as novidades, prográmanse debates escenificados entre dous personaxes que son arquetipos, como soldados veteráns, poetas e prostitutas.

Información de La Vanguardia  Fotografía de Sonbuenasnoticias