Actitude ante a morte

Esta imaxe representa o rapto de Preséfone | Fonte de imaxe: Thomas Reyser en Flickr

Actitude ante a morte e a influenza da mitoloxía grega

Actitude ante a morte

Para os romanos a morte era unha etapa máis na vida, como o nacemento, a madurez, etc. A esperanza de vida era moi curta debido á enfermidade, ao limitado coñecemento médico e ás guerras case constantes: vivían ao redor de 50 anos. 

Os rituais e as prácticas funerarias xogaban un papel esencial nas súas vidas, pois crían que se os ritos funerarios non se facían como era debido o defunto non chegaría ao mundo dos mortos o podería supor un problema para os vivos.

Os funerais eran considerados como un xeito de preparar o espírito para esta viaxe. Había numerosos costumes que se seguían para asegurarse de que o defunto era enterrado ou incinerado correctamente, de que tería unha vida propicia no máis alá e de que non volvería para atormentar aos vivos. Pretendíase que estes tamén reflectisen o lugar do defunto na familia e a importancia vindeira da familia que lle sobrevivía.

Esta imaxe é unha representación de Caronte levando as almas polo río Estixio | Fonte da imaxe

Influenza da mitoloxía grega

Algún exemplos desta influenza serían por exemplo os obolus, as moedas que se lles poñían aos mortos debaixo da lingua e nos ollos. Segundo a mitoloxía estas moedas servirían para que a alma do defunto pagaralle a Caronte e poder cruzar o río Aqueronte e chegar a o mundo dos mortos.

Cerbero e  o mundo dos mortos

Esta imaxe representa o a Hercules con Cerbero | Fonte da imaxe

Cerbero

Gardando a entrada do Hades está Cerbero (Cerberus en latín), o can de tres cabezas. O nome Cerbero provén do grego “Kerberos”, que significa “moteado” ou “con manchas”. O pai de Cerbero era Tifón, un xigantesco dragón que escupía lume e hasta os deuses do Olimpo sentían terror ante el. A nai de Cerbero era Equidna, unha criatura mitade muller e mitade serpe coñecida como “nai de todos os monstruos”.

A misión principal de Cerbero era ser o guardián do inframundo e fiel sirviente do deus Hades. Gardaba as portas do Hades e impedía escapar del aos mortos, así como a entrada dos vivos sen o permiso do seu amo. Cerbero mostrábase dócil cos mortos pero devoraba a calquera que intentara regresar ao mundo dos vivos. Tamén foi un dos doce traballos de Hércules, que tiña que capturalo e levalo vivo a Euristeo, rey de Tirinto.

Nesta imaxe mostrase onde se cría que estaba o Hades. As líñas representan as rutas polas que algúns heroes gregos chegaron alí.

O mundo dos mortos

Os romanos tiñan un concepto moi detallado da vida no máis alá e para eles era crucial a crenza de que os espíritos dos mortos eran conducidos a través do río Styx, que segundo eles constituía ao límite entre a terra e o Hades. Crían que as almas dos defuntos podían cruzar este río nunha barca guiada por Caronte e así chegar ao mundo subterráneo, onde se xulgaba se o espírito ía atopar o seu lugar no ceo, o Elysium, ou no inferno, o Tartarus. O Elysium era a sección paradisíaca da mitoloxía grega e o lugar sagrado onde as almas inmortais dos homes e mulleres virtuosos e os guerreiros deben pasar a eternidade. No lado oposto, lonxe do Elysium, estaba o Tartarus que era un abismo usado como prisión para os titanes e encontrase debaixo do inframundo.

Os reis do Hades

Os reis do Hades

Os reis do Hades eran Proserpina e Pluto.

Proserpina (Perséfone) era unha deusa, filla de Ceres (Deméter) e Xúpiter (Zeus). 

Pluto (Hades), deus e rei do inframundo, namorouse dela e raptouna. Xúpiter enviou a Mercurio para que mandara a Plutón que liberase a Proserpina. Éste obedeceu, pero antes de deixala ir fixo que comera seis semillas de granada, de forma que tivese que vivir seis meses con él, puidendo permanecer o resto coa súa nai. 

Así apareceu a primavera: cando Proserpina volve coa súa nai, Ceres decora a terra con flores, pero cando no outono volve ao Hades, a natureza perde as cores.

Este cadro representa o rapto de Perséfone, foi pintado por Niccolò dell'Abbate | Fonte da imaxe

Concepción sobre o mundo de ultratumba e os espíritus dos antepasados

Concepción sobre o mundo de ultratumba

Segundo o filósofo Cicerón, había xente que cría que a alma dunha persoa e o seu corpo fallecían ao mesmo tempo. Había outros que crían que a alma desaparecía máis tarde do momentp da morte e outros crían que a alma vivía eternamente.

Segundo os epicúreos, a morte era un medo máis a eliminar. O filósofo Epicuro dicía que o máis alá non existía e Lucrecio, outro filósofo, cría que o corpo e a alma perecían ao mesmo tempo.

Segundo os estoicos, a morte era unha parte da vida que había que aceptar. O filósofo Séneca e o seu sobriño Lucano criticaban as crenzas e cerimonias que preparan o tránsito a un máis alá, xa que non crían nel.

Descrición do Hades segundo Luciano:

...creen que baixo terra hai un lugar profundo, grande, amplo, oscurísimo e sen sol. É o Hades. Naquel abismo enorme reina o irmán de Zeus, chamado Plutón. En primeiro lugar atópase a lagoa Aquerusia. Ninguén a pode cruzar nin vadear sen un barqueiro, xa que a súa profundidade non permite traspasala a pé e a súa anchura é excesiva para atravesala a nado e, en fin, nin sequera as aves mortas poden alcanzar a outra beira voando.

 Inmediatamente xunto á baixada e á porta, que é de aceiro, Éaco encárgase de custodiar a entrada sen pausa. Ao seu carón Cérbero, o can de tres cabezas, bravísimo, mostra a súa cara amical e pacífica aos que chegan, pero atemoriza aos que intentan fuxir cos seus ladridos incensantes e os seus afiados colmillos.

 Alí imperan Plutón e Perséfone, e teñen poder sobre todas as cousas. Dous son os que están sentados como maxistrados, gobernadores ou xuíces. Os humanos bos, xustos e que levaron unha vida virtuosa, en canto se reúnen en grupos, mándanos aos Campos Elíseos para que leven alí unha vida felicísima. En cambio, cando chegan ás súas mans os malvados envíanos ao lugar destinado aos impíos, para que reciban o castigo que lles corresponde polas súas culpas e inxustizas. 

 Os homes de vida mediocre, que son a maioría, andan errantes polo prado, sen corpo, todos convertidos en sombras que co tacto se esvaecen como o fume. Nútrense das ofrendas e as libacións que lles facemos nos seus sepulcros. De maneira que se algún aquí, na terra, non deixou nin parentes nin amigos, aínda morto, padece fame e vive entre os mortos atormentado por falta de alimento, malvados envíanos ao lugar destinado aos impíos, para que reciban o castigo que lles corresponde polas súas culpas e inxustizas.

Os espíritus dos antepasados

Os romanos crían na existencia dos espíritus e difrenciaban dous:

Os Larvae ou Lemures que eran os espíritus da morte, e os Manes que eran espíritus de antepasados, que se encargaban de protexer o fogar e ás familias.