Italia recupera un gran tesouro etrusco expoliado e atopado en Suiza

Post date: 21-feb-2016 9:57:42

Un impresionante tesouro de arte italiana dun valor incalculable, e que permaneceu escondido durante quince anos no porto franco de Xenebra (Suiza), acaba de volver a Roma. 

As antigüidades, fundamentalmente romanas e etruscas, estiveron depositadas en 45 grandes caixas marcadas co nome dunha empresa offshore. 

O tesouro expoliado a Italia é excepcional, cun valor de centenares de millóns de euros: hai dous sarcófagos etruscos moi valiosos de tamaño natural, que datan do século II a. C. hai tamén fragmentos de frescos de Pompeia, numerosos obxectos de terracota, vasillas decoradas, bustos, baixorrelieves e cerámicas, Italia recupera un gran tesouro etrusco expoliado e atopado en Suiza.

Fonte: ÁNGEL GÓMEZ FUENTES > Roma | ABC