O templo romano de Córdoba abrirá en verán

Post date: Jan 14, 2018 6:03:17 PM

O Templo Romano de Córdoba é un dos símbolos da época na que esta cidade andaluza foi a próspera urbe de Colonia Patricia. Esta foi unha cidade rica, importante eixo comercial e centro da actividade artesanal durante séculos. É do pouco que se conserva nesta cidade, xa que é a influencia musulmá o que lle deu fama internacional, pero os responsables de cultura deste municipio apostaron por facer que os restos da Colonia Patricia romana sexan coñecidos.

Durante décadas, as súas columnas dominan a paisaxe desta zona de Córdoba, pero é inaccesible para os visitantes interesados. Tras dúas fases de reconstrución e acondicionamento dos restos, iniciarase a terceira fase do proxecto co obxectivo de que o Templo Romano estea aberto ao público o próximo verán.

Este templo empezouse a construír co emperador Claudio e non se inaugurou ata o reinado de Domiciano. Os especialistas confirman que estaba dedicado ao culto imperial e é probable que Domiciano convertérao nun espacio de veneración do seu pai e irmán (Vespasiano e Tito), quen lle antecederon no trono.

Fonte e imaxe | La Razón