Post date: 12-feb-2018 14:37:03
O municipio de Gata de Gorgos, en Alicante, albergou durante os séculos II e III un destacado centro de produción de cerámica e de ánforas de viño. En dúas semanas de escavacións, os arqueólogos, puideron sacar á luz centos de fragmentos de cerámica. Daniel Mateo, arqueólogo e profesor da Universidade de Alicante, dirixiu a primera escavación que remata hoxe xunto a Jaime Molina e a Joaquim Bolufer. Ademáis, o arqueólogo afirma que os materiais atopados son de gran calidade e que a produción desa alfarería fora moi potente.O xacemento descubriuno Joaquim Bolufer nos años 90. Fai só uns anos, as obras do gasoducto toparon cun tramo de basamento da antiga factoría. Pero agora, ao escavar este terreo, por fin, pódese vislumbrar a magnitude do xacemento que surtiu de ánforas a Dianium. As vasillas que se fabricaron nesta factoría de Tarraconensis chegaron a Roma e a outras grandes cidades do Mediterráneo.
Antes de iniciar as escavacións, a Universidade de Cádiz marcou tres puntos nos que debía haber unha gran concentración de materiais e, efectivamente, así foi. Os arqueólogos atoparon estruturas do antiguo alfar e un vertedoiro ao que ían a parar as cerámicas defectuosas. Os materiais encontrados estudiaranse na Universidade de Alicante e logo depositaranse no Museo de Xàbia.
Fonte e imaxe | Levante-EMV