Post date: 11-abr-2016 16:08:30
A indignación nas redes sociais e nalgúns medios ao coñecerse a noticia de que o parque arqueolóxico de Segóbriga podería pechar as súas portas debido aos desacordos políticos parece motivar que os responsables da Junta e a diputación de Cuenca se reunisen para tratar de atopar unha solución ao asunto.O peche deste xacemento suporía un duro golpe ao turismo da rexión, xa que é un dos lugares de Cuenca que atrae a un maior número de visitantes, ademais de ser un lugar de forte contido simbólico para todos os amantes da Cultura Clásica.Ante o peche inminente, produciuse unha reunión de urxencia, reunión que parece dar os seus froitos.A Junta de Castilla A Mancha comprometeuse a estudar e revisar o convenio polo que cedía a administración do xacemento á diputación. Este xesto fixo que os responsables da diputación de Cuenca anunciasen que o parque non se pechará polo momento, polo que os visitantes poderán seguir gozando dos restos da antiga cidade romana.
A Junta ten de prazo ata o próximo día 1 de xuño para presentar a súa nova proposta á diputación. Como vemos, non estamos ante unha solución definitiva do conflito, pero si polo menos ante un adiamento que permite gañar tempo.
Fonte | Tarancón Digital