Novos descubrimentos constatan a orixe romana de Noia

Post date: 09-dic-2016 10:00:38

Dende o ano 2001, na confluencia dos paseos marítimos de Gasset e Cadarso, afloraron vestixios coma vidros ou trozos de cerámica, que serviron para constatar a orixe romana da vila de Noia. A aparición destes obxetos tivo lugar en Forte Yumma e certificaba que a localidade é case 800 anos máis antiga do que se cría. Este asentamento foi ubicado na zona central do casco histórico, preto da igrexa de San Martiño e a praza de O Tapal.  

Os restos arqueolóxicos atopados na localidade coruñesa son constantes e reabren o debate sobre a necesidade de crear un museo que recolla o seu pasado e os restos que se conservan. Boa parte dos descubrimentos que se acharon leváronse a outros lugares, como os atopados en 2001, que hoxe en día podemos atopar no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Fonte e Imaxe I  La voz de Galicia