Descubren unha gran edificación romana na mezquita de Tornerías de Toledo

Post date: 13-feb-2018 11:06:02

Descubriron un edificio romano duns 140 metros cadrados na mezquita de Tornerías de Toledo, e non se descarta que se utilizara como cisterna ou outros usos relacionados con estructuras da cidade romana. O achado, que se produciu durante as labores arqueolóxicas que leva a cabo o Goberno rexional, foi transmitido polo Goberno de Castilla-La Mancha.

Logrouse delimitar o edificio romano sobre o que se asenta a mezquita grazas ás actuacións arqueolóxicas realizadas. Sábese pouco da súa distribución interna e características, aínda que se fala de que pode tratarse dunha cisterna romana relacionada co acueduto e o sistema hidráulico romano de Toledo.

Tamén estáse a executar unha investigación no subsolo que pretende sacar á luz as estruturas máis antigas da edificación.

Estes traballos pretenden coñecer a evolución da mezquita e tamén a súa relación co edificio público romano sobre o que se cimenta.

Fonte e imaxe | ABC