Post date: Oct 19, 2018 7:20:45 AM
A terceira campaña arqueolóxica da Vila Romana de Salar marcan un antes e un despois na historia do municipio de tan só 2700 habitantes. Ca aparición da Venus do século II o alcalde espera contar co apoio da Xunta de Andalucía. Para así, continuar cas excavacións nos próximos anos e estudar a parte urbana e rústica deste complexo residencial romano. Tamén contextualizalo no seu entorno e comprender o papel que tiña Salar fai vinte séculos no Imperio Romano. Segundo Manuel Moreno, técnico da excavación e experto na arquitectura romana doméstica "o xacemento de Salar é un dos mellores referentes das vilas en España".Unha das partes máis significativas do mosaico de caza reflexa un xinete morto co cabalo tumbado e outro xinete, este cunha actitude triunfal, que está atacando un xabalí. "Pola súa ubicación, podería ser a representación do propio propietario da vila, algo moi natural entre os poderosos romano" narra Moreno. "A iconografía estaba moi pensada para impresionar aos visitantes, algo que tamén destaca a importacia e o poder adquisitivo do dono da residencia" explican os arqueólogos que traballan en Salar.
Os expertos inciden en que a ubicación é perfecta. Precisamente pénsase que o bo estado de conservación está relacionado cun río cercano e as súas crecidas de arxila, xa que sepultaron e protexeron os restos.
Fonte e imaxe | Idea