Post date: Apr 28, 2016 2:33:11 PM
O xacemento de Torrepardones, cerca da localidade de Baena, continúa dándolle aos arqueólogos grandes descubrimentos. O último foi unha pequena boneca duns vinte centímetros, á que lle faltaba a cabeza, os brazos e unha perna. A boneca, que está moi deteriorada polo paso dos séculos, presenta a peculiariedade de que os seus membros eran articulados, e esa é a causa de que moitos deles desapareceran. O obxecto aínda contén restos de pintura. Aínda que o obxecto foi catalogado como un xoguete, o certo é que resulta imposible saber se se trata da boneca dun neno ou dalgún tipo de exvoto utilizado como ofrenda nun templo ou nun contexto funerario.
Fonte: Diario de Córdoba