Post date: Nov 27, 2014 11:20:05 AM
Un grupo de arqueólogos encontrou un tesouro romano composto por unha vasija repleta de moedas de prata, pulseiras e un broche en Holanda. A vasija apareceu cando os operarios traballaban nunha nova conexión entre Ypenburg e a carreteira de La Haya, centro de Holanda.
Co paso dos séculos o obxecto solidificouse nunha única masa, pero os expertos foron capaces de separar as diferentes pezas, que pertencen á época romana. Os arqueólogos atoparon 107 moedas de prata, tres pares de pulseiras do mesmo material, un broche prateado e varias contas de cristal que poderían proceder de un collar.
Nas moedas pódense observar os rostros de antigos emperadores romanos como Nerón, Otón ou Marco Aurelio. As investigacións mostran que houbo un asentamento romano na zona e que o tesouro puido ser enterrado a propósito para protexelo dos inimigos ou realizar unha ofrenda.
Atópase dende o día 25 de novembro no Museo Histórico de La Haya (Holanda).