Post date: Jan 31, 2015 2:50:02 PM
A mafia ten tesouros da arte italiana que comercializa no estranxeiro, estes tesouros volverán en breve a Italia. En mans dos traficantes estaba un arquivo con miles de fotos e documentos nos que se determina a procedencia, valor, destino e compradores destas obras desaparecidas dende fai anos. A maioría foron extraídas ilegalmente do parque arqueolóxico de Selinunte (Sicilia), e cerca de alí, en Mazara del Vallo, onde se encontra unha parte de mar moi rica en obxetos de arte hundidos nas augas. Por alí pasaron naves cargadas de botíns de guerra extraídos polos romanos na destruída Cartago, ou tesouros saqueados polos bárbaros ca caída do Imperio romano.
O diario «La Repubblica» conta que neste medio móvense traficantes nun mercado que vale miles de millóns de euros. O nome que sobresae nas investigacións é Gianfranco Becchina, un personaxe que mantén negocios con todo o mundo: «Tratou cos máis grandes museos do mundo, entre eles o Louvre, o Metropolitan de Nova York, o museo de Boston, o Ninagawa de Hurashiki e moitos outros», declara o arqueólogo Tsao Cevoli.
Gracias ao arquivo confiscado a Becchina podeuse indentificar «A bela adormentada», un espléndido sarcófago romano recuperado en Estados Unidos do que se perdera o rastro fai 30 anos. O FBI encontruno escondido nun almacén de Queens (Nova York). A policía de Nova York requisouno e devolveráo a Italia. O sarcófago se enviábase a un xaponés que pagara 3 millóns de dólares, Noriyoshi Horiuchi.
Informacion e Imaxe; Ángel Gómez Fuentes | Roma www.abc.es 13/01/2015