Post date: May 21, 2017 4:47:19 PM
O xacemento foi escavado nos últimos vinte e tres anos por un grupo de investigadores da Escola Española de Historia e Arqueoloxía en Roma (EEHAR) e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Unhas das investigadoras sinala algúns dos achados sacados á luz, como unha monumental pavimentación de grandes losas de mármore branco da época romana. Xunto con este achado, tamén apareceron un mosaico e unha letrina de dita época.
Todos os edificios da cidade estaban decorados con estucos de cores, decoración que dá idea da importancia desta urbe. Tusculum era, ademais, a "inimiga natural" de Roma, pois controlaba o eixo da vía Latina e o seu importante fluxo comercial. Co paso do tempo, a urbe medrou en influencia polo seu rango de municipio, o que concedía aos seus habitantes os mesmos dereitos que os romanos, e foi lugar de veraneo de persoaxes como Cicerón e, máis tarde, tamén de papas como Alexandre III. Tusculum existiu ata 1191, cando o Exército romano saqueou e destruíu a cidade por completo. A cidade quedou enterrada co paso dos anos ata principios do século XIX.
A EEHAR-CSIC traballará coa Universidade romana de La Sapienza na reconstrución do asedio da cidade, pois acháronse proxectís e sinais dos incendios que definen máis concretamente como foi o fin de Tusculum.
Fonte e imaxe | La Vanguardia