Post date: 19-may-2018 8:19:49
A mostra divídese en catro partes: a imaxe simbólica e mítica dos animais; as especies coñecidas e a súa figuración; os usos que o home facía dos animais e os testemuños directos dos animais transmitidos a través da arqueoloxía, en forma de restos físicos ou pegadas, segundo informa o museo en nota de prensa.
Fonte | La Vanguardia
Imaxe | La túnica de Neso
O Museo Nacional de Arte Romana de Mérida ofrecerá a exposición temporal ‘Animalia Inter Emeritenses’, na que se aborda “a cuestión da imaxe e a realidade dos animais na Antigüidade dende o prisma específico do xacemento de Augusta Emerita”.
A exposición, que se enmarca dentro da conmemoración do Día Internacional dos Museos, inaugurouse este venres, 18 de maio, ás 12,00 horas, na Sala IX do Museo Nacional de Arte Romana.