O alfabeto latino

Sistemas de representación gráfica

Os sistemas de representación gráfica divídense en dous grupos:

Sistemas non fonéticos

Son os sistemas de comunicación que non representan sons, senón realidades. Clasifícanse en:

Pictogramas

Son representacións claras e esquemáticas dunha realidade (obxecto, figura ou concepto) por medio dos seus debuxos. Deste modo, estes sistemas sobrepasan a barreira das linguas, é dicir, que nos permiten comunicarnos sin empregar unha linguaxe.

bisonte.jpg
Pintura rupestre da cova de Altamira.Museo de Altamira
PICTOGRAMAS.jpg
PictogramasDefinición.de

Ideogramas

Son representación de obxectos e ideas por medio dunha imaxe convencional (que, por acordo, ten un significado concreto) ou símbolo.

 

prohibido.png
Ideograma prohibido o paso.Seton.es
simbolo_generos.jpg
Ideograma de xéneros.Dicas da Evelyn

Sistemas fonéticos

Son os sistemas de comunicación que representan sons. Agrúpanse en:

Xeroglífifco moderno: "Pantanoso"Imaxe de epasatiempos

O alfabeto é un dos maiores logros da Humanidade, xa que, cun número limitado de signos, podemos crear infinidade de mensaxes. Esta é a idea que deu título ao ensaio da escritora Irene Vallejo "El infinito en un junco", que alude á planta (papiro) que foi o principal soporte da escritura na Antigüidade grega e latina, grazas á cal os antigos pudieron preservar e transmitir todo o "infinito" saber do seu tempo.

En Europa, hoxe en día, podemos atopar os seguintes alfabetos:

3181062872_f916d7232a_o.jpg
Xeroglífico de Gizá (Exipto) Imaxes de Flickr
3202532804_96f999638d_o.jpg
Silabario: Iraklion (illa de Creta): Museo.Taboíña de barro cocido con inscricións en Lineal BImaxes de FlickrImaxes de Flickr
Alfabeto ornamental s. XVI. Wikipedia
 Alfabeto ornamental s. XVI | Wikipedia
                                                            Alfabetos de Europa 

Alfabeto grego

Alfabeto latino

Periódico de Volkskrant - Países Baixos

Alfabeto cirílico

Alfabeto armenio

Orixe do alfabeto latino

Cara ao ano 1000 a.C., os fenicios desenvolveron unha escritura que sería a precursora do alfabeto moderno. Tratábase dun alfabeto consonántico e non superaba os 20 signos, que representaban o son da palabra falada.

Arredor do ano 800 a.C., os gregos adoptaron o sistema de consonantes fenicio e incorporaron as vogais.

Posteriormente, este alfabeto pasou ao pobo etrusco, no que evolucionou coa aparición e desaparición de letras.

Finalmente, os latinos adoptaron 21 das 26 letras deste alfabeto.

* O historiador, senador e cónsul do Imperio Romano Tácito, nacido cara ao ano 55, fixo referencia á orixe do alfabeto

*Demarato foi un rei de Esparta da dinastía Euripóndita, mentres que Evandro, na mitoloxía romana, foi rei dos arcadios e conduciu ao seu pobo dende Grecia ata o Lacio.

A última cartaxinesa

Maria Josep Estanyol era, en 2018,  a única persoa que quedaba en España dando clases de fenicio. Aos seus 68 años de idade, levaba 44 de eles dando clase e esperando que alguen lle dera o relevo. A media dos alumnos nas súas clases soía ser de tres persoas e a maioría deles viñan da rama de linguas semíticas.

O seu interese cara esta cultura veu dende o seu terceiro ano de carreira. Tamén empezou a gardar e coleccionar libros e pezas da historia cartaxinesa. A partir de aí empezou a traducir inscricións e acabou escribindo o único dicionario de fenicio traducido ó catalán e ó castelán. 

Maria Josep era consciente de que daba clases dunha lingua morta pero para ela o máis importante er que ao final acabaranse divertindo aprendéndoo.

    Maria Josep Estanyol, unica profesora de fenicio en España | El País

Evolución do alfabeto latino

Orixe (s. VII a. C.)

É o resultado da adaptación do alfabeto etrusco e tiña 21 letras (o etrusco tiña 26)

Algunhas das particularidades desta adaptación foron o caso do C, que representaba o fonema /g/, o I, que representaba tanto o fonema vocal como o semiconsonántico (/i/ e /j/) e o U, que tamén representaba tanto o fonema vocal como o semiconsonántico (/u/ e /w/).

Latín arcaico (s. III a.C.)

No século III a.C. a letra K perde gran parte do seu uso e o seu fonema /k/ pasou a ser representado polo C, que soía representar só o fonema /g/. Para representar o fonema /g/ créase a letra G, cuxo símbolo é claramente unha variación da letra C. Por outra parte, o Z, que só se utilizaba en préstamos gregos, caeu en desuso.

Debido a que o único que se fixo foi substituír o Z polo G o número de letras non varía, manténdose en 21.

unnamed.png

Latín clásico (s. I a.C.)

Éngadese o Y e vólvese introducir o Z para transcribir préstamos do grego. Estas dúas letras ocupan as dúas últimas posicións no abecedario e este consta agora de 23 letras.

unnamed (1).png

Engadidos posteriores

No s. XIII engádese a W.

No s. XVIII engádense a J e a U.

Podemos dicir que o alfabeto latino clásico actual componse de 26 letras.

unnamed (2).png

A partir deste, algunhas linguas foron engadindo signos específicos ao alfabeto para representar fonemas propios. Temos os exemplos de: Castelán e Galego, coa Ñ, do Catalán coa Ç, o Croata cos fonemas č, š e ž e as linguas nórdicas (Noruego e Sueco, entre outras) engaden os símbolos ø e œ.

unnamed (3).png
Completar curso 2022/23 - O alfabeto de Claudio

A pronunciación latina

O alfabeto latino é o máis empregado en todo o mundo. Tanto o galego como o castelán comparten a maior parte de características que tiña este alfabeto orixinariamente.

A investigación filolóxica moderna puido determinar con gran exactitude a forma de pronunciación deste idioma a través da historia, aínda que temos que ter en conta que foi unha lingua moi difundida en espacio e tempo e que a pronunciación podía cambiar en diferentes zonas.

O uso do Latín conta cunha evolución e tradición milenaria, polo que houbo algúns factores que tiveron un gran peso:

Sons consonánticos

alfabeto

Sons vocálicos e semivocálicos

Puntualizacións

Na actualidade, a proposta de Petrus Ramus para a grafía do i como semivocal, “j”, non é recollida pola maioría dos editores, deixando a grafía “i” tanto para vocal como para semivocal.

* Aínda que a proposta de Petrus Ramus para a grafía do i non é recollida pola maioría dos editores, si podemos encontrala no diccionario Blánquez.

A proposta de Petrus Ramus sobre a distinción gráfica de “u” vocal e “v” semivocal si que se levou a cabo.

* Algúns editores, como Alma Mater, escriben sempre u para vocal e semivocal: leuem, iuuenali, uestigia, etc.

Clasificacións dos sons

Sistema consonántico

No sistema de consoantes latinas, clasificamos os sons en relación aos seguintes aspectos:

Punto de articulación

É o lugar do tracto vocal onde se produce a articulación. A partir de esta clasificamos os sons por:

Modo de articulación

Describe o obstáculo que se pon na saída do aire. Clasificación:

Vibración das cordas vocais

Clasifícanse en:

Sistema vocálico

No sistema de vogais latinas, clasificamos os sons en relación aos seguintes aspectos:

Localización

Refírese á posición da língua durante a articulación dunha vogal en relación co adiantamento, o retraso da língua na boca.

En vogais como /i/, a língua sitúase hacia adiante na boca mentres que en vogais como /u/, a língua sitúase hacia atrás.  Hai 5 grados de localización vocálica:

Apertura

A apertura da amplitude dos órganos fonadores, ao producirse unha articulacón, conceden o paso ao aire.

O grado de apertura é moito maior nas vogais, que son pronunciadas sen que os órganos fonadores se interpoñan. Divídense en:

gggggg.png

Cantidade

No latín existen cinco vogais longas e cinco breves das que falaremos a continuación

alfabeto.png

A cantidade é un rasgo fonolóxico que distingue as vogais, os ditongos e as sílabas. Ademais, nalgunhas ocasións tamén ten un rasgo distintivo de significado.

Exemplos de diferenzas de significado en latín segundo a duración das vogais:

Podemos ver tamén, no caso do inglés, diferenzas de significado segundo a cantidade.

No caso do galego non temos o rasgo da cantidade, pero sí temos a apertura, que tamén provoca ás veces cambios de significado.

Esto podémolo ver fácilmente cos fonemas [o] [e] (ver cadro dereita)

alfabetlat.png

O froito prohibido

Estamos afeitos escoitar desde sempre que a mazá está considerada como "o froito prohibido" debido a que Adán e Eva a comeron malia telo prohibido por Deus. Evidentemente, este é un argumento válido para aqueles que son crentes.

Pero aínda e todo, pasando por encima o detalle sobre si o que pon nas Sagradas Escrituras é certo ou non (deixemos por un momento o noso escepticismo aparcado ao carón), se collemos a Biblia orixinal (escrita en hebreo) e a repasamos, non hai nin un só momento no que apareza nomeada a mazá como a froita que deu orixe ao chamado "pecado orixinal".

Isto débese a que foi un erro de tradución, cando no ano 382 d.C. Xerónimo de Estridón recibiu o encargo por parte do papa Damaso I de realizar unha versión en latín da Biblia (a coñecida como Vulgata, debido a que estaba escrita para o vulgo, modo de chamar ao pobo).

Xerónimo non dominaba o hebreo e, malia trasladarse a Belén para aprendelo e perfeccionalo, fixo que na transcrición dalgunhas pasaxes cometese algúns erros que levaron á confusión ao longo de todos estes séculos.

Orixinalmente, no Xénese aparece a pasaxe na que Deus indica a Adán e Eva que non deberán comer do froito da árbore do ben e do mal. O término "mal" foi traducido ao latín vulgar por "malum", que tanto servía para designar a un acto negativo (un "mal"), como para chamar a unha mazá, polo que o vulgo que comezou a ler a nova versión da Biblia quedouse co significado de mazá.

Xa fai moito tempo que isto se coñece, pero se popularizou tanto o mito da mazá que prevaleceu o erro e ao final foi aceptado ata pola propia Igrexa, que non fixo nada por enmendalo.

Cabo destacar que a popularización da mazá como froita prohibida chegou a máis persoas grazas á extensa obra pictórica que se realizou durante o Renacemento, cando moitos artistas plasmaron en cadros a escena de Adán e Eva no Xardín do Edén, tomando unha mazá da árbore mentres son observados pola serpe que encarnaba ao mal.

Fonte: 20minutos

Imaxe: Michel Coxcie, pintor flamenco do s. XVI
"O pecado orixinal"  | Wikipedia

Separación de sílabas

En Latín a separación ven dada por unha serie de diptongos establecidos na seguinte táboa:

Captura de pantalla 2016-11-02 18.06.53.png

Familia → Fa-mi-li-a

Animalia → A-ni-ma-li-a

Quantus → Qu-an-tus

Qualis → Qu-a-lis

Puella → Pu-el-la, 

spes (monosílabo)

ne-sci-o, con-struc-ti-o, scae-na

            Pu-el-la, a-sel-lus

Iu-no, Iu-sti-ti-a, va-ca-ti-o, vo-lun-tas

iu-ve-nis, , cu-ius, hu-ius

Acentuación latina

En latín non existe acento gráfico. O acento ven marcado pola cantidade da última sílaba.    

En latín non hai  palabras agudas, agás os monosílabos, como por exemplo nonnon”.

Se a última sílaba é longa, a palabra é grave: vē-nit: “veu”, au-rumouro”, vĪc-tor vencedor”.

Se a última sílaba é breve, a palabra é esdrúxula: e-xĭ-tus éxito”, ca-vĕ-a oco”, fa-mi-lĭ-a familia”.

Podemos distinguir entre sílabas longas e breves:

Para determinar a cantidade das palabras hai que ter en conta que: