Post date: Nov 14, 2014 3:36:19 PM
Nas marxes do río Ulla, nun rincón do concello de Valga, un grupo de arqueólogos acaba de descubrir o que, dende o século II a.C e V d.C, foi un porto comercial.
O descubrimento chegou por casualidade, cando o alcalde de Valga escoitou nunha das súas viaxes da existencia dun documento que ubicaba na parroquia de Santa Cristina de Campaña un próspero porto fenicio, e se propuxo atopalo coa axuda dun veciño.
Cas axudas proporcionadas pola Xunta, realizáronse investigacións que demostraron que non se trataba dun porto fenicio, senón romano, e que estaba ligado á Lanzada.
Pero para seguir destapando este descubrimento, son necesarias maiores inversións, e é por eso que o concello xa comezou os trámites para conseguir que a zona sexa catalogada como BIC (Bens de interese arqueolóxico).
Fonte: La Voz de Galicia