Post date: May 16, 2015 2:52:52 PM
Ao falar de carreiras de cuádrigas sempre se pensa na famosa escena da película Ben-Hur; pero o cineasta e guionista Juanra Fernández e o debuxante Mateo Guerrero ensínannos que esa carreira tiña pouco que ver coa realidade no cómic Gloria Victis 1: Os fillos de Apolo, ambientado na provincia romana Hispania Citerior Tarraconense no 156 d.C.Según Juanra: "Gloria Victis podería traducirse como a honra dos vencidos, pois a historia trata de vencidos baixo a sombra perpetua de escuros vencedores. É unha trama clásica de vinganza. O infortunio marca ao protagonista dende a súa infancia, e sempre terá que enfrontarse a esa pantasma do pasado, a traxedia familiar." Os protagonistas:
Aelio é un rapaz que pasou a súa infancia de circo en circo, e ao morrer o seu pai debido as débidas familiares cae na escravitude.
Fabia é unha escrava hispana que sobrevive servindo á muller de Caio Gratio Nigrino.
Caio é un personaxe que xoga coa liberdade e a escravitude dos demáis.
Juanra explicou que a historia deste auriga ocurriuselle por casualidade. Mentres visitaba o Museo Arqueolóxico de Cuenca viu unha estela cunha inscrición en honor a un auriga: Aelio Hermeros. O debuxante e guionista en vez de ambientar a historia en Roma preferiu facelo en Tarraconensis (Tarragona).Estaban moi condicionados polo rigor histórico e polos poucos datos que se conservaban sobre él: Naceu en Valeria e morreu no circo de Elche. Polo que Mateo Guerrero e Juanra Fernández estudaron textos de cronistas; buscaron tesis actuais sobre os ludi romani; e observaron meticulosamente mosaicos, pinturas, relevos e cerámicas que se conservan en diferentes museos del mundo. E así é como lograron a súa propia interpretación desas competicións sanguentas e populares.
Fonte: JESÚS JIMÉNEZ | RTVE.es