Post date: Feb 20, 2015 5:10:48 PM
Unha das estatuas romanas en bronce máis relevantes da antiga Hispania, achada en 1895 en Pamplona e desaparecida desde fai máis dun século, permaneceu décadas nunha colección privada nos Estados Unidos, anunciou Manuel Olcina, director técnico do Museo Arqueolóxico de Alacante (MARQ), dependente da Diputación Provincial. Este experto en bronces do periodo romano afirmou que se trata da segunda estatua togada máis importante da península Ibérica.
Coñecida como Pompaelo (nome da Pamplona romana), é unha peza completa a excepción do pescozo e cabeza que data do século I d.C. e que foi achada en 1895 con motivo dunhas excavacións na rúa Navarrería da cidade, xunto a outros restos romanos.
A peza adquire gran importancia por estar feita en bronce, pola minuciosidade do ropaxe e polo seu tamaño natural (1,27 metros). Para os arqueólogos só é superada como estatua togada en bronce na Península polo "togado de Periate" de Granada.
Pouco tempo logo do seu descubrimento deuse oficialmente por desaparecida en España ata fai xusto dúas semanas, cando Olcina participou, entre o 4 e 5 de febreiro en Aalen (Alemania), nun congreso para especialistas de todo o mundo en grandes bronces romanos.