Dous posibles edificios para espectáculos andaluces

Post date: Dec 10, 2016 10:43:31 AM

Este ano foi moi fecundo para Andalucía, pola cantidade de descubrimentos realizados, como o circo de Carteia o xacemento de Torreparedones e o anfiteatro de Colonia Iulia Vistus Ituci. O estudo no que se basa este posible descumbrimento está levado a cabo por o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) e usou por primeira vez tecnoloxía LiDAR.

O plano revela unha depresión de orixe artificial e é posiblemente un anfiteatro. Por outra parte, sitúase nunha das marxes que daba acceso a urbe, polo que nos remite a outros casos de anfiteatros. De isto ser así reforzaríase a condición colonial de Ituci, e acercaríase a outras cidades béticas como Córdoba.

O anfiteatro de Torreparedones e o xacemento de Carteia aumentan o número de edificios romanos públicos adicados ao espectáculo. A zona de Carteia aínda está en estudo baixo técnicas non destructivas para corroborar a entidade da construcción. Se a hipótese é certa, retiraríase a vexetación e recuperaríase o graderío.

Durante as presentacions do resultado do estudio, os responsables do xacemento afirmaron que o circo de Carteia podería ser o primeiro recuperable en Andalucía, aínda que non o único.

A pesar de que España foi o berce dun dos grandes corredores, Diocles, é raro atopar circos. En moitos casos destaca que non se conservan os graderíos porque, xa non se construían debido a que, o principal era a pista para correr os cabalos, e a xente, para ver isto dispúñase arredor da pista.

Fonte e imaxe| Tabula