Post date: Jun 4, 2017 5:30:22 PM
Continúan os traballos arqueolóxicos que dan continuídade ao "Proxecto Integral de Recuperación e Conservación do Barrio do Foro Romano. Molinete", financiado pola Fundación Repsol e promovido polo Concello de Cartaxena a través de Cartaxena Puerto de Culturas.
A zona de escavación xa fora escavada anteriormente e nela encontráranse estruturas relacionadas co atrio, restos da fachada do edificio da curia, infraestruturas relacionadas co seu funcionamento e restos parciais do pórtico e da escalinata que comunica a terraza inferior coa superior do foro.
O presuposto para a execución destes traballos é de 24.000 euros, IVA incluído, e o plazo de execución é de cinco semanas.
Fonte e imaxe | Europa Press