Post date: 13-abr-2018 15:37:01
O grupo de investigación IBeA colabora na conservación do patrimonio artístico de Pompeia. O grupo IBeA acude cada ano a realizar estudos de campo ao xacemento arqueolóxico. Con equipos portátiles de última xeración analizáronse os materiais utilizados na construción das casas pompeianas, así como os pigmentos utilizados nos seus murais.Nestes dez anos, os investigadores da UPV/EHU propuxeron solucións ao deterioro do xacemento e analizaron os pigmentos dos frescos para sacar á luz o seu aspecto orixinal. En canto a súa conservación, conseguiuse determinar varias causas do deterioro dos frescos das paredes das casas, e o traballo para os próximos anos será propoñer solucións.Así, van a probar un biocida autorizado polo grupo de investigación e creado con aceites das plantas do propio xacemento. Se isto funciona, a súa aplicación melloraría as labores de conservación do lugar, ao evitar que vexetais e microorganismos invadan os muros.Outro dos seus obxectivos é desarrollar un morteiro de restauración basado na formulación orixinal romana que sexa igual que o orixinal.
Fonte e imaxe | EFE Futuro