Post date: Dec 7, 2017 12:30:13 PM
Novamente encontráronse restos dun edificio luxoso de época imperial en Roma, tras o achado en Xuño dunhas habitacións que conservaban frescos con motivos florais e pavimentos de mosaico en branco e negro. A semana pasada foi anunciado o achado de restos antigos durante unha escavación arqueolóxica ao longo da beira do río Tíber.
Aínda non se coñecen moitos detalles pero as escavacións serán cerradas temporalmente nas próximas horas, debido ao aumento do nivel do río, xa que podería dañar os restos. A expedición será retomada durante a primavera e os resultados serán presentados á comunidade científica e aos medios.
Fonte e imaxe | National Geographic