Analizan o Mosaico dos Amores de Cástulo para coñecer orixes e materiais

Post date: Apr 26, 2018 9:17:45 PM

Instituto Universitario de Investigación en Arqueoloxía Ibera da Universidade de Xaén rematou de investigar o día 24 abril o Mosaico dos Amores, no xacemento ibero-romano de Cástulo en Linares, coa finalidade de determinar o tipo de materia prima utilizada e a súa orixe. 

Na investigación fixéronse 2 tipos de análisis: un físico-químico, para diversos materias, e outro paleoambiental, para sementes. 

Ademais da UJA tamén participaron 4 investigadores liderados polo catedrático Peter Vandenabeele. 

No 2012, este mosaico foi recoñecido pola revista Nacional Geographic como un dos descubrimientos máis importantes de 2012  datado entre finais do século I e principios do II. O Mosaico está formado por teselas de pedra e pasta de vidro en varias cores e tamén ten escenas dos mitos do xuízo de Paris e o Mito de Selene.

Fonte | La Vanguardia

Imaxe | La Túnica de Neso